O alumnado de Xestión Administrativa, recollendo o testemuño do alumnado de Actividades Comercias, traballaron conceptos vinculados á xestión económica dos produtos, finanzas persoais e empresariais, condicións laborais, fontes de financiamento, medios de pagamento, IVE, alfándegas. Froito desta reflexión, o alumnado realizou cartelaría dos achados do seu traballo baixo as seguintes temáticas:
– Finanzas e moda con cabeza: no que se invita a reflexionar a toda a comunidade educativa sobre o custo real da moda, valorar a compra de roupa como unha decisión financeira e concienciar do importante papel do consumidor na pervivencia dunha empresa.
– Sabías que?: no que se difunden os datos máis salientables que permiten o mantemento do actual sistema produtivo da moda e se invita a reflexionar sobre o impacto das nosas decisións de consumo.
– Condicións laborais da moda en países en vías de desenvolvemento: Centrados nas diferencias sociais, económicas e de seguridade laboral entre os países produtores e consumidores, esta cartelaría busca remover consciencias e promover a adopción dunha actitude crítica ante prácticas que moitos consideraban desterrados (por exemplo: traballo a destallo, rebaixa da idade mínima para traballar, brecha de xénero etc).