IES Chan do Monte
  • Que sabedes de Florencio Delgado Gurriarán?

    Por suposto, sabedes que este ano o Día das Letras Galegas adícase a súa figura e obra. Non parece suficiente, verdade? Dende o equipo de Dinamización da Lingua Galega e o da Biblioteca ímosvos propor algunhas actividades ó longo desta semana para coñecelo mellor. Estade atentos!

    https://create.kahoot.it/details/ca6b5eb1-69ba-45d6-b87e-0316d2108adf

    Para os que queirades consultar algo de información antes de participar, a Real Academia Galega publicou na súa páxina web unha serie de vídeos sobre a súa vida e obra. Asimesmo, na biblioteca do noso centro pódense atopar algunhas das súas obras.

    O Garaxe Hermético e a Deputación de Pontevedra amosan a Florencio Delgado Gurriarán a través do cómic.

    O seu tema lingüístico máis recorrente, o cabalo de batalla de Florencio, é o castrapo, síntoma e expresión lingüística do sometemento da lingua minorizada, o galego, pola lingua minorizadora, o castelán.

    Volten a Valdeorras os nomes xenuínos

    non máis Correjanes nin Vegamolinos.

    Si Veigamuíños e mais Correxais

    pois xa os castrapismos están por demais.

    ……………………………………………….

    Non trocar por feles os galaicos meles

    pronunciando El Barco, La Puebla e Bajeles.

    Vinilo pegatina Bandera España Trazos | Oedim Decor
    Castelá
    Pegatina Bandera Galicia Mapa | TeleAdhesivo.com
    Galego
    Castrapo

    Rosa María Villar Villamil

    Coordinadora do Equipo de Biblioteca

    Seguir lendo →
  • Técnico/a reparacións informática

    Solitium oferta un posto de traballo de TÉCNICO/A REPARACIÓN EQUIPOS MULTIFUNCIONAIS na zona de Vigo para alumnos titulados do Grao Superior en Administración de Sistemas Informáticos en Rede (ASIR). Os interesados mandar currículo a ejimenez@ayanetrh.es

    Seguir lendo →
  • Clubs de lectura, sempre activos

    Unha nova proposta para Labirintos de Mogor II. Unha obra a de Sara Mesa de conflicto entre o urbano e o rural, o sentido de poder e o de vulnerabilidade da protagonista ante os novos actos que acomete. O potente narrador consegue que os lectores non sintamos outra necesidade máis que pasar voando as páxinas e seguir deixándonos ferir polo desasosiego do relato, que parece adquirir dimensións de traxedia grega, ainda que tamizada pola culpa católica: o conxunto de persoaxes de La Escapa funciona como o coro que amplifica o xuizo e algúns individuos fan como de oráculo, advirtindo de malos presaxios. Toda esa tensión, o ambiente angustioso e á vez distante, as referencias e simbologías e as friccións entre personaxes parecen dispostos para un desenlace tráxico, que é esperado con ansia.

    O alumnado do Labirinto de Mogor I comentando a lectura de Carta dunha descoñecida dun autor recurrente, Stefan Zweig, que non os deixou indiferentes. Falaron de obsesión, amor incondicional e tolemia, voltando recoñecer a Zweig como mestre da novela psicolóxica.

    O Club dos máis xóvenes explorou O Asasinato da profesora de Xeografía; un libro no que se mestura a fascinación pola toponimia cun segredo que se remonta a Idade Media e do que o diaño é protagonista. A corrupción, a afouteza, a intuición e unha boa dose de misterio son os ingredientes desta novela que lles atrapou e que vos recomendamos.

    Rosa María Villar Villamil

    Seguir lendo →
  • A Nosa Radio

    Un espazo, unhas ferramentas técnicas, unhas voces que queren contar e todas as competencias clave en acción iso é unha radio. Levamos apostando uns anos por pór en marcha a radio escolar polo seu enorme valor pedagóxico e comunicativo, porque permite tomar conciencia dos distintos puntos de vista, fomenta o respeito á pluralidade, axuda a participar de forma constructiva na toma de decisións, fomenta a diversidade cultural e apoia a aprendizaxe.

    Vimos de recibir parte da formación con Xavier, un magnífico profesor que sabe transmitir a súa paixón pola radio, para a posta en marcha do noso proxecto e estamos a devecer por poñer en práctica co noso alumnado todo o aprendido. Empezamos?? Estades todos invitados.

    Rosa María Villar Villamil

    Seguir lendo →
  • A Paixón polo Xadrez

    Dende o pasado curso ven sendo un costume maravilloso ver o alumnado de distintos niveis e cursos compartir os recreos fronte un taboleiro de xadrez. Esta paisaxe recurrente enriquecese aínda máis cando participan no torneo. Imos compartir con vos algúns momentos do torneo, a entrega de diplomas a tódolos participantes e dos trofeos os gañadores. Noraboa a todos!! Non deixedes de desfrutar xogando!

    Como premio especial para os gañadores, imos organizar unha partida co gañador do ano pasado, Juan Carlos Simón, que non tivo participado no torneo deste ano.

    Grazas a Rocío García Casalderrey por facelo todo posible coa súa entrega e dedicación.

    Rosa María Villar Villamil

    Seguir lendo →
  • Oferta programador/a

    Vacante de prácticas Tecnical Dixital Analyst nas súas oficinas de Vigo en Eloxia . A vacante vai dirixida a titulados do Ciclo Formativo Superior de Desenvolvemento de aplicacións web ou multiplataforma. Ofrecen un convenio de prácticas con Fundación Salcines de 6 meses a xornada completa e posibilidade de incorporación en persoal. Remuneración: 700€ brutos/mes ou ben, 800€ brutos/mes se teñen algunha experiencia previa.

    Seguir lendo →
  • Penélope e as Doce Criadas no Club de Lectura de adultos.

    Vimos de celebrar o pasado xoves 18 de xaneiro a xuntanza na que compartimos a nosa experiencia de lectura dunha Odisea moi peculiar, antipatriarcal, na que Margaret Atwood, a súa autora, elixe unha voz irónica para repensar o clásico grecolatino que narra o regreso á casa, trala Guerra de Troia, do heroe grego Odiseo, quen permaneceu dez anos na loita e demorou outros dez en voltar á illa de Ítaca. Unha obra moi recomendable na que a voz de Penélope comparte protagonismo co coro de criadas, que serve as más das veces de contrapunto. A escrita de Atwood é lixera, hábil, non deixa lugar á pausa, fáite ler sen parar ata o final. Deíxovos unha mostra co comezo mesmo da obra e anímovos a leelo.

    “«Ahora que estoy muerta lo sé todo», esperaba poder decir, pero como tantos otros de mis deseos ése no se hizo realidad. Sólo sé unas cuantas patrañas que antes no sabía. Huelga decir que la muerte es un precio demasiado alto para satisfacer la curiosidad. Desde que estoy muerta -desde que alcancé este estado en que no existen huesos, labios, pechos…- me he enterado de algunas cosas que preferiría no saber, como ocurre cuando escuchas pegado a una ventana o abres una carta dirigida a otra persona”, dice Penélope en la voz de Atwood.

    Rosa María Villar Villamil

    Seguir lendo →
  • Concurso de Ideas Emprendedoras

    I EDICIÓN DO CONCURSO DE IDEAS EMPRENDEDORAS: “A TÚA IDEA NUN MINUTO”

    O IES Chan do Monte convoca o I Concurso de ideas emprendedoras co obxectivo de fomentar o emprendemento e impulsar a creatividade e innovación no alumnado.

    Dirixido a todo o alumnado de FP (FP Básica, Ciclo Medio e Ciclo Superior) matriculado no curso 23/24. Pódese participar individualmente ou en grupo (máximo 3 membros).

    QUE HAI QUE FACER PARA PARTICIPAR?:

    . Enche o formulario do enlace: https://forms.gle/TYY97HwxQZtGK6nf8

    . Expón a túa idea emprendedora nun vídeo dunha duración máxima de 1 minuto e a continuación envíao a seguinte dirección de correo electrónico: aulaemprendemento@ieschandomonte.edu.es

    Prazo de PARTICIPACIÓN e duración do concurso: do 12/12/23 ao 20/02/24 (ámbolos dous incluídos)

    Un xurado elixirá os gañadores. O xurado estará composto por membros da Dirección, profesorado e alumnado de diferentes familias profesionais.

    As ideas serán valoradas segundo os seguintes criterios (de 1 a 4 puntos):

    . Presentación.

    . Se a idea satisfai unha necesidade existente no mercado.

    . Se a idea pode levarse á práctica (é viable).

    . Se a idea é orixinal, innovadora e diferente.

    PREMIOS ÁS IDEAS GAÑADORAS*:

    1º Premio: valorado en 200 €

    2º Premio: valorado en 100 €

    3º Premio: valorado en 50 €

    *Os premios son vales regalo a trocar na tenda PC BOX de Pontevedra.

    PARTICIPADE. ESPERAMOS OS VOSOS VÍDEOS!

    Seguir lendo →
  • Obradoiro de teatro coa compañía Alentía

    Na Biblioteca, dende fai catro anos, propoñémonos usar o teatro como ferramenta de aprendizaxe coa que desenrolar as habilidades sociais e comunicativas do noso alumnado, á vez que fomentamos a confianza, a motivación e o espíritu colaborativo. Aprendendo a xestionar conflictos recuperando valores e fomentando a inclusión, reforzamos tamén a relación entre o alumnado, as súas familias e o profesorado.

    Afonso García Penas, membro da compañía Alentía, é quen de conseguir, como por arte de maxia, que cada un atope o seu lugar na representación, que se sinta parte dese todo maravilloso que se pode chamar obra de teatro ou mesmo vida.

    Rosa María Villar Villamil

    Seguir lendo →
  • Oferta de emprego Informático/a TICGAL

    A empresa TicGAL ofrece a posibilidade dunha bolsa Feuga para titulados en ASIR. Os interesados poden anotarse directamente en https://www.becasfeuga.es/ofertas/23645/ver

    Seguir lendo →
  • #rosesagainstviolence

    Rosa María Villar Villamil

    Seguir lendo →