Oferta emprego programador/a Vilagarcía
- 19
- Abr
- 19
Cucunver:
En cucunver axudamos a facer as cousas de forma diferente a través dunha ferramenta de xestión online que se adapta ás necesidades específicas do día a día das asociacións sen ánimo de lucro e permite aos seus cargos directivos aforrar tempo e xestionar a mesma desde calquera lugar e en calquera momento. Traballamos para fomentar novas, útiles e sinxelas formas de organización do traballo nas entidades.
Detalles da oferta
Estamos a buscar un programador ou unha programadora junior para traballar nas nosas oficinas de Vilagarcía de Arousa con coñecementos de:
- PHP 7
- JavaScript
- Html5
- CSS3
Valoraranse coñecementos de Laravel e JQuery
Tipo de contrato:
Contrato laboral temporal con posibilidade de incorporarse ao proxecto posteriormente.
- Salario en función da experiencia e coñecementos aportados.
- Se crees que podes encaixar no perfil que estamos a buscar, non dubides en contactar con nós.
Podes escribirnos a contacto@cucunver.com
Estaremos encantados de coñecerte!
Cucunver: Edelmiro Trillo, 2 – 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra