IES Chan do Monte

Oferta de emprego Marketing

A empresa Corvus Belli, situada en Bueu, vén de compartir unha oferta de emprego a través de FEUGA, dirixida ao alumnado egresado do ciclo superior de Marketing e Publicidade.

Para optar ao posto, requírese contar cun nivel mínimo de inglés B1 e dispoñer de vehículo propio.

As persoas interesadas poden inscribirse e participar no proceso de selección a través da seguinte ligazón:

https://www.becasfeuga.es/ofertas/32845/ver