Obradoiros para familias no espazo da BE (2026)
- 08
- Mai
- 26
O xoves 7 de maio de 2026 realizouse nos espazos da nosa biblioteca, en horario vespertino, un obradoiro para familias impartido pola educadora social Lucía Pereda Pérez. Nesta formación, titulada Autoestima e corpo: como acompañar na adolescencia, afondouse naquelas cuestións da sociedade e dos medios que afectan á autoestima e autoimaxe dos/as adolescentes e en como as presións sociais inflúen en como perciben os seus propios corpos. A actividade foi organizada polo Departamento de Orientación e a ANPA do centro, baixo o auspicio do CFR de Pontevedra.

Veñan máis actividades e obradoiros coma estes nos espazos da nosa biblioteca, pois resultan fundamentais para unha mellor comprensión da etapa da adolescencia que atravesa o noso alumnado, e porque consolidan os espazos da BE Os labirintos de Mogor como eixe vertebrador de recursos do noso centro.