O noso alumnado gaña o EduEmprende
- 06
- Out
- 25
Alumnos e alumnas do noso instituto, de Formación Profesional resultaron gañadores do primeiro premio Eduemprende da Consellería de Educación na categoría de ciclos de grado medio, ao idear a aplicación ‘Armony-Outpick’, un «armario virtual co que os usuarios poden cargar as pezas de roupa do seu propio armario e pedir o outfit máis adecuado para cada día, que mostra como quedaría posta», segundo indican os seus creadores. Son os alumnos e alumnas de Sistemas Microinformáticos e Redes: Iago Fontenla, Palmira Gómez, José Manuel Piñán e Fátima el Gad, coordinados pola profesora Eva Álvarez.
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, participou o venres no acto de entrega dos premios dos certames Atrévete a ter unha idea e Eduemprende Idea a un total de 137 alumnos de 16 centros educativos.
Concretamente, premiouse a 119 estudantes de dez colexios e institutos de Primaria e Secundaria
do primeiro concurso e a 18 alumnos de seis centros de Formación Profesional do concurso Eduemprende Idea promovido xunto coa Consellería de Emprego. Estes programas, enmarcados
no Plan Eduemprende da Xunta, son «moi importantes porque fomentan a creación de ideas. O mundo avanza porque hai ideas, polo tanto, o impulso da cultura do emprendemento na infancia e na adolescencia é fundamental para facer unha sociedade mellor», dixo Román.
Parabéns ao alumnado e profesora por este premio, mostra, unha vez máis, do gran traballo docente que levamos a cabo tanto no ensino secundario coma en ciclos ou bacharelato.


Varios medios recollen a noticia: