Non penses nun elefante rosa

Antía Yáñez visita o noso Club de Lectura

Nun ambiente íntimo e moi propicio, iniciamos este curso as reunións do Club de Lectura de adultos, Labirintos de Mogor II, do mellor xeito posible coa visita da escritora Antía Xáñez. Un pracer poder charlar coa gran comunicadora, capaz de atraparnos na súa obra escrita e tamén coa palabra, sempre comprometida ó afondar en temas como os malos tratos ou os trastornos psicolóxicos, como o TOC.

A súa segunda novela, Non penses nun elefante rosa, é un libro moi necesario. Ten o poder de crearnos a necesidade de saber, de entender. Desafortunadamente a saúde mental é un tema tabú. A nosa sociedade non acostuma a deixar que outros nos axuden a xestionar as nosas emocións e o noso sistema de saúde non adopta medidas suficientes. A lectura desta obra tan ben escrita, ademáis dun pracer en sí mesma, ten un efecto normalizador da enfermidade, á vez que resulta terapéutico. Recomendamos a súa lectura e invitámosvos a compartir a vosa experiencia e as vosas opinións.

Rosa María Villar Villamil

Coordinadora do Equipo de Biblioteca e Clubs de Lectura