Ler da froito

Celebramos o Día do Libro

As actividades que ofertamos dende a Biblioteca do IES Chan do Monte neste mes de Abril céntranse máis ca nunca na defensa dos libros e a lectura. Convencidos estamos de que o feito de ler da un froito inmediato en cada un de nos, e, a máis longo prazo, na sociedade que habitamos.

A lectura alimenta o noso espíritu e tamén a nosa realidade cotiá. Se é compartida, apretamos lazos coa familia, cos amigos, os compañeiros, con nos mesmos. Por ese motivo eleximos como prato principal do menú da nosa biblioteca a lectura dunha xoia elaborada por Irene Vallejo, o Manifiesto por la Lectura. Un bo comezo.

manifiesto por la lectura-irene vallejo-9788418436369

Nas súa brevidade está encerrado todo. Dende a orixe da escritura e a lectura ata o presente, a época das pantallas, do inmediato. E o sempre perfecto e imperecedero libro. Manifiesto por la lectura e antes de nada unha carta de amor, pero moitas cousas máis, por iso atopamos nas súas páxinas a Sherezade, a Don Quijote, a Quintiliano, a Pablo de Tarso, al poeta cordobés Ibn Hazm ou a Lorca, facendo do libro unha máquina do tempo, un ximnasio para a intelixencia. Ler convírtese nun acto de resistencia ante a prisa.

A lectura alimenta do xeito máis saudable que podamos imaxinar. O noso menú literario recomenda manxares moi apetecibles. Probade a degustalos!

Rosa María Villar Villamil