Jon Fosse, premio Nobel de Literatura 2023, primeira proposta do noso Club de Lectura Labirintos de Mogor II

Nada menos que Jon Fosse! A súa ficción é engaiolante, mística e profundamente enraizada na paisaxe dos fiordos onde creceu. É importante recordar que escribe nunha lingua, o Nynorsk ou novo noruegués, unha lingua minoritaria en Noruega, o que conforma un acto de compromiso en si mesmo. Jon Fosse non escribe só novela, relato ou ensaio, senon que é considerado un dos máis grandes dramaturgos da actualidade e tamén poeta. É unha mente incrible e agardamos desfrutar coas súas palabras, transmisoras de vivencias e pensamentos.

Toda a comunidade educativa queda invitada a formar parte do noso club. Na cita do día 22 de novembro ás 16:00 horas compartiremos algo máis que lectura.

Rosa María Villar Villamil

Coordinadora do Equipo de Biblioteca