Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2019/2020

A) NORMATIVA REGULADORA DO PROCESO DE ADMISIÓN. Pinchar no seguinte enlace.

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/26923

B) NÚMERO DE PRAZAS OFERTADAS PARA O CURSO ACADÉMICO 2019-20

CURSO Num. Prazas ofertadas Núm. perma-nencias NºSolicitudes de reserva Nº vacantes
1º ESO 20 0 15* 5
2º ESO 25 25 0 0
3º ESO 24 24 0 0
4º ESO 25 25 0 0
1ºBach. Ciencias 20 15 0 5
1º Bach. Humanidades 20 15 0 5
2º Bach. 29 26 0 3

*Os centros adscritos ao IES Chan do Monte son CEIP Seixo e CEIP Ardán.

C) PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA ALUMNOS PROCEDENTES DOUTROS CENTROS

Presentación de solicitudes de admisiónDo 01 ao 20 marzo 

Dispoñen de dúas vías para solicitar a admisión

1 – Presentar o Anexo II na Secretaría do centro que soliciten en primeiro lugar.

2 – Presentar a solicitude a través da aplicación informática: “admisión de alumnado” ou a través da sede electrónica da xunta de galicia: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550B

En ambos casos é preciso que cumprimenten o ANEXO A e o entreguen na secretaría do centro.

D) IMPORTANTE

1. UNHA ÚNICA SOLICITUDE A solicitude de posto escolar será única para unha mesma ensinanza e poderá recoller varios centros por orde de preferencia. O alumnado que non resulte admitido no primeiro centro elixido será baremado nos seguintes centros en que existan vacantes, seguindo a súa orde de preferencia

2. PERDA DOS DEREITOS DE PRIORIDADE:

·      Presentación da solicitude fóra de prazo

·      Presentación de máis dunha solicitude en centros distintos.

·      Acreditar ou presentar datos que non se axusten á realidade.

3. COMUNICACIÓN AO CENTRO DE ORIXE:

O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

4. COMUNICACIÓN DA RENUNCIA Á RESERVA DE PRAZA: O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión. 

E) PRAZO DE PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS ALEGADOS PARA O BAREMO, SE É O CASO.

Se o número de solicitudes e maior que as prazas ofertadas, poderán presentar, con caracter voluntario, a documentación acreditativa dos criterios de baremo no prazo de 10 días hábiles contados a partir dos dous días seguintes ao remate do prazo de solicitudes de admisión: PRAZO: do 25 de marzo ao 5 de abril.