Inauguramos a nosa tenda RRR
- 08
- Xuñ
- 24
Grazas á colaboración do alumnado, as familias e o profesorado conseguimos visibilizar a necesidade de contribuir individualmente e como centro á protección do medio ambiente. O feito de compartir estas prendas de vestir, que están nalgún caso sen estrear sequera, e estes libros conciéncianos de ata onde é importante a nosa acción para reducir o consumismo atroz. Polo ben de todos!
Estades invitados a visitala e a traer mais prendas que queirades intercambiar.
O noso agradecemento á tenda de roupa Quomo, que nos prestou desinteresadamente perchas e percheiros. Sen eles tería sido moito máis difícil materializar o proxecto.
Grazas tamén o alumnado de Bioloxía de 4º ESO por elaborar con materiais reciclados as fermosas letras que identifican a nosa tenda.
Finalmente, non podo esquecer a incondicional axuda de Rocío García Casalderrey e valorar a xestión de Antonio Mandías na posta en marcha da tenda virtual, que contribuiu a que o proxecto iniciado por nós, Susana Montes, Juan Miguel Pineda e eu mesma, se vise tan enriquecido e poda continuar en anos vindeiros.
Rosa María Villar Villamil