II Concurso de Fotografía Dixital: Faite un Bookface!!

A Biblioteca do IES Chan do Monte convoca o II Concurso de Fotografía Dixital co obxectivo de promover a lectura a través do mundo da imaxe.

O concurso consiste en crear unha imaxe orixinal facendo coincidir unha parte do corpo, tal como a cara, as mans ou incluso un fragmento de indumentaria, coa portada dun libro, logrando un efecto simpático, atrainte, xogando coas cores, as proporcións ou a luz para conseguir o efecto de encaixar a realidade co libro.

A participación está aberta a toda a comunidade educativa. Podedes consultar as bases e empezar a elexir unha boa portada para conseguir imaxes tan boas como as presentadas no primeiro concurso que convocamos no 2020.

Selección de obras presentadas no I Concurso de Fotografía Dixital: Imaxina teu libro

Rosa María Villar Villamil

Coordinadora do Equipo de Dinamización de Biblioteca