ieschandomonte.gal
- 09
- Feb
- 15
Estreamos un novo nome de dominio .gal
Este dominio, de recente creación responde, segundo a asociación .gal que o xestiona, a unha necesidade clara:
“No marco da actual sociedade da información o que non está en Internet non existe. A comunidade galega no mundo, con máis de 4 millóns de persoas, a nosa lingua e a nosa cultura precisan dunha marca propia coa que identificar todos os contidos que xeramos na Rede e, así, facernos máis visibles dentro deste espazo de comunicación global. O .gal é o dominio que debe correspondernos como comunidade con fortes vencellos lingüísticos, culturais, históricos, sociais… unha especie de sufixo co que identificar en Internet as páxinas escritas en galego e que se dirixan á sociedade galega nas súas comunicacións en liña que, tendo en conta a nosa dispersión no mundo, non se circunscriba a un ámbito territorial concreto. Tecnicamente viable e económica, social, lingüística e culturalmente rendible, o .gal encádrase nos dominios de primeiro nivel esponsorizados.”