Gañamos, de novo, o Premio de Poesía Escurecida
- 02
- Abr
- 26
Teo Rivas, o noso alumno de 4 da ESO resultou gañador do PRIMEIRO PREMIO no Concurso de Poesía Escurecida do IES San Clemente, dedicado este ano a Begoña Caamaño, homenaxeada este ano nas Letras Galegas 2026.
O concurso “Versos desde Begoña” consistía en escoller unha páxina dalgunha das súas novelas e aplicar a técnica da Black Poetry, que o noso alumnado coñece ben, xa que tamén o fixemos o ano pasado e unha alumna do Chando Monte acadou o segundo premio e outro alumno un accésit.
Parabéns Teo e parabéns a todos e todas polo esforzo. Gozádea!!
Link ao resultado dos gañadores:
https://www.iessanclemente.net/2026/03/05/poesia-escurecida-ganadoras/
