Formación para a biblioteca no PFPP
- 28
- Feb
- 25

Durante este curso académico parte do EABE d’ Os labirintos de Mogor está a realizar un seminario formativo específico sobre a biblioteca escolar e a xestión documental e técnica dos nosos fondos.
Deste xeito, ao longo de dúas sesións que decorreron durante este mes de febreiro, tivemos a fortuna de poder recibir unha formación increíble e moi necesaria impartida pola profesora e investigadora da USC Montserrat Pena Presas, especialista en LIX e recoñecida crítica literaria galega.



Con ela percorremos os vieiros dos libros de ficción e de non ficción, con especial atención no álbum ilustrado. O persoal asistente puido revisar os trazos característicos dos ámbitos bibliográficos antes amentados, coñecer as posibilidades prácticas que estes recursos ofrecen ao noso alumnado e analizar os diferentes criterios que podemos empregar para anovar a nosa colección.
Moitas grazas, Montse, por compartir connosco a túa sabedoría e paixón 🫶📚📓📖✨
Gustaríanos tamén agradecer ao @cfr.pontevedra o seu auspicio.
Os labirintos de Mogor, o noso 🌀 formativo!