Entrega dos Premios Bookface

Sempre resulta difícil elexir cando o que se nos presenta ten moita calidade. Cumpríuse unha vez máis. Diante da cámara, tentando ser outra persoa, o retrato da encrucillada na que quen son e quen quero parecer para habitar esa historia loitan ata que consigo formar parte do libro. E agora cal dos dous é o real? Aínda que todos os participantes forman xa parte do noso imaxinario bibliográfico, aqueles que chegaron mais os votantes e son gañadores merecidos son Rubén, Rocío e Laura.

Rosa María Villar Villamil

Coordinadora do Equipo de Dinamización de Biblioteca