Entrega de Premios do 2º Certame de Banda Deseñada

A Banda Deseñada é unha arte que integra o visual e o narrativo, a literatura da imaxe para algúns, pola subordinación do texto escrito ás convencións gráficas: ás liñas cinéticas, as metáforas visuais e a consecuente necesidade de síntese. Non é polo tanto un medio narrativo fácil, xa que se crea unha nova linguaxe.

Sentimos cumprido o obxectivo de ter chegado ó alumnado interesado no mundo da banda deseñada, grazas a esta segunda convocatoria do Certame de Banda Deseñada e prodúcenos unha gran satisfacción. Nesta ocasión foron 12 os alumnos que participaron e a os que outorgamos diploma e premios.

O gañador do 1º Premio, Rubén Piñeiro Fernández, repite honor, xa que foi gañador tamén o ano pasado. Xoga Rubén perfectamente có encadre, no plano e no ángulo de visión, o que lle proporciona forza ó narrado.

O segundo e terceiro premios, tamén por votación do xurado formado por membros do equipo de biblioteca, adxudicáronse a dúas alumnas de 1º da ESO, Laura Miranda Argibay e Nuria Carracelas Crespo. Os accésits foron para Sandra Cortés Souto, Sabela Feijoo Arce, Antonio Fernández Carballo e Manuel Lorenzo Araújo e o certificado de participación para Olalla Couso, Ángela Entenza, Flavia García e Débora Iglesias. Todos os participantes recibiron os seus premios con moita alegría, coa ilusión propia de aqueles que ven valorado o que fan, en calquera ámbito do noso día a día.

Seguimos a propor actividades para todos!

Entrega de premios na BibliotecaEsta imaxe ten o atributo alt baleiro; o seu nome de arquivo é IMG_20201212_214222_resized_20201212_094310923-1024x696.jpg

Rosa Mª Villar Villamil