Emprego informática: Campaña oceanográfica CSIC

A Unidade de Tecnoloxía Mariña pertencente ao Consello Superior de Investigacións Científicas de Vigo busca un candidat@ para cubrir unha praza de PTA (Persoal Técnico de Apoio). O contrato sería para traballar no Departamento de Sísmica Mariña.

Búscase un perfil en Electrónica ou Informática con titulación en Ciclo Formativo de Grao Superior e o candidat@ tería que vivir en Vigo ou arredores. O traballo consiste na realización de campañas oceanográficas en buques do CSIC, máis ou menos 3 meses repartidos en todo o ano, isto é indispensable. Cando non haxa campañas realizaríanse traballos en oficina e nave/almacén en horario de 8.00 a 15.00. O soldo mensual serían uns 1.000 – 1.100 € netos, en 14 pagas, e embarques a parte.

A duración deste contrato é de 3 anos renovable. Ligazón onde se pode consultar toda a información.

Os interesad@s poden mandar o CV o máis axiña posible á dirección de email: ndelgado@utm.csic.es Igualmente, para aclarar calquera dúbida poden a través do número de teléfono 647 692 955. Persoa de contacto: NIEVES DELGADO-AGUILERA ROMERO