Día das Bibliotecas (2025)
- 24
- Out
- 25
Hoxe a BE Os labirintos de Mogor festexou, como no pasado curso académico, o #DíadasBibliotecas. No ano 2025 o lema elixido polas entidades organizadoras foi Contra la desinformación: BIBLIOTECAS, polo que a efeméride quere destacar o papel fundamental que desempeñan todas as bibliotecas (públicas, escolares, universitarias, especializadas etc.) na loita contra a desorde informativa.



Esta temática está plenamente relacionada coa Semana Mundial da Alfabetización Mediática e Informacional, que decorre do 24 ao 31 de outubro, polo que o EABE preparou unha sesión formativa específica para achegar o noso alumnado a esta importante cuestión. No mundo da desorde informativa as bibliotecas e os seus recursos son de grande utilidade para que as persoas usuarias adquiran competencias e ferramentas que contribúan a loitar contra todas as diferentes formas de desinformación.
Coñece a BE Os labirintos de Mogor do IESCDM! Nela atoparas recursos e axuda para mellorar as túas competencias informacionais! Contra a desinformación, ALFIN/AMI.






