IES Chan do Monte Marín

Departamento de Orientación

  • CHARLAS ESPECÍFICAS PARA ALUMNADO DE 2º BACH

    O martes día 16 de febrero o alumnado de 2º de Bacharelato B  grazas ó SIOPE (Servizo de Extensión universitaria) da Universidade de Vigo, recibirán información de primeira mán das seguintes titulacións:

    Filloxía e Tradución

    Ciencias Sociais e da Comunicación

    Ciencias da Educación e do Deporte

    e Historia.

    Lamentablemente  as charlas específicas de Ciencias e Ciencias da Saúde previstas en colaboración coa USC non se realizarán.

    IMG_4075web

    Seguir lendo →
  • EDUGAL 2016

    Os días 17,18 e 19 de febreiro no Recinto Feiral de Pontevedra celébrase o 5º Salón de Oferta de Educación e Formación de Galicia.

    Máis información www.edugal.es

    Seguir lendo →
  • ENCONTROS NA ZONA USC 2016

    O mércores día 3 de febrero o alumnado de 1º de Bacharelato participou nos “Encontros na zona USC”. Esta actividade  organizouse polo Departamento de Orientación en colaboración co profesorado de Bacharelato.  Meu agradecemento a Araceli Queiruga que acompanou a un dos grupos polos percorridos do campus sur “Campus Vida”. O resto do alumnado tivo como punto de encontro a Residencia O Burgo das Nacións.

    Algunhas das facultades universitarias visistadas foron: Filoloxía e Ciencias da Educación, Ciencias Económicas e Empresariais, Maxisterio e Traballo Social,Enfermaría, Medicina e Odontoloxía,Dereito, Bioloxía e Farmacia,Enxeñaría Informática,Física e Matemáticas e Psicoloxía e Ciencias da Educación. Despois do xantar nun dos comedores universitarios o alumnado visitou  a Residencia Monte da Condesa e a do Burgo.

    Este “encontro” , forma parte do Programa “A Ponte entre a Universidade de Santiago de Compostela e os Centros de Ensino Secundario”.

     

    Seguir lendo →
  • Convocadas as probas para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos
    • O prazo de presentación das solicitudes será entre o 18 de febreiro e o 3 de marzo de 2016.
    • A proba terá lugar o día 22 de abril de 2016, en sesións de mañá e tarde, no IES San Clemente de Santiago de Compostela.

     

    http://www.edu.xunta.es/portal/sites/web/files/resolucion_proba_libre_bacharelato_2016_1.pdf
    Seguir lendo →
  • Convocadas as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro
    • Os prazos de matrícula serán:

    – Convocatoria de maio: 7 de marzo ao 18 de marzo de 2016, ambos os dous incluídos.
    – Convocatoria de setembro: 1 ao 8 de xullo de 2016, ambos os dous incluídos.

    Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

    1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.

    2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.

    3. Non estaren inscritas para a superación das materias de 4º curso de educación secundaria obrigatoria establecidas no artigo 7, apartado 5 da Orde do 21 de decembro de 2007 (DOG do 7 de xaneiro de 2008).

    4. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2015/16 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.

    O alumnado matriculado durante o curso 2015/16 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:

    1. Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

    2. Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

    As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado que figura como anexo I dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ( https://sede.xunta.es ).

    Xunto coa solicitude, achegarase a seguinte documentación:

    a) Copia do DNI ou doutro documento equivalente cando non se autorice a súa consulta.

    b) Copia cotexada, se procede, do certificado dos ámbitos da proba superados en anteriores convocatorias ou a certificación académica de ámbitos ou materias superados, de acordo coas especificacións establecidas nos números 2, 3 e 4 da epígrafe décimo primeira desta resolución.

    c) Acreditación de proceder doutra comunidade autónoma ou dun país estranxeiro no caso de que se solicite a exención de lingua galega.

    d) Certificación do ditame de discapacidade no caso de que se solicite o recoñecemento de necesidades especiais, cando esta fose recoñecida por outra Administración distinta da Xunta de Galicia ou non se autorice a súa consulta.

    4. As persoas aspirantes formalizarán a súa inscrición nun dos seguintes centros que constituirán tribunais para a avaliación das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

    Pontevedra:

    – Alumnado co primeiro apelido entre a letra A e a letra F: Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires, 26, 36002 Pontevedra.

    – Alumnado co primeiro apelido entre a letra G e a letra O: IES Frei Martín Sarmiento, avenida de Vigo, 23, 36003 Pontevedra. – Alumnado co primeiro apelido entre a letra P e a letra Z: IES Sánchez Cantón, avenida Raíña Victoria, 36001 Pontevedra.

    Realización das probas: As probas realizaranse en sesións de mañá e tarde os días 27 de maio e 8 de setembro para as respectivas convocatorias.

    Máis información no enlace: http://www.edu.xunta.es/portal/sites/web/files/probas_libres_2016gl_1.pdf

    Seguir lendo →
  • OBRADOIRO “A RELACIÓN AMOROSA”. Día 21 de xaneiro de 12:10 ás 13:50.

    Ilustración

    O xoves día 21 de xaneiro o alumnado de 3º ESo A e 3º PMAR participará nun Obradoiro impartido por Gloria Isabel Serrato Azat . Este Obradoiro traballará os conflitos que nunha relación amorosa, como en calquera outro tipo de relación, pode existir. Necesitamos saber expresar que sentimos e por que non non gusta algo que pasa na relación  a quen empeza a sentir que a parella é da súa propiedade e a quen debe ver nestes xestos o perigo de perder a liberdade.

    Este Obradoiro conxuntamente coa exposición “15 cartas de amor”, que podedes visistar no noso Centro é una oferta realizada dende o CIM de Marín, a quen agradecemos de novo a súa colaboración para tratar no ámbito educativo os temas de igualdade, coeducación e prevención da violencia de xénero.

     

     

     

     

    Seguir lendo →
  • CHARLA DA RELATORA DA USC M. Belén Méndez Naya .”Expanding English” (DEPARTAMENTO DE INGLÉS)
    DATA HORA ACTIVIDADE ORGANIZA COLABORA DESTINATARIOS LUGAR
    22/01/16 10:00-10:50 Expanding English Dpto. Lingua Inglesa Relatora USC: M. Belén Méndez Naya 4º ESO-1º BACH Usos múltiples

     

    Seguir lendo →
  • OFERTA DE PRÁCTICAS REMUNERADAS PARA TITULADOS EN FP INFORMÁTICA

    DESCRIPCIÓN: PRÁCTICAS DESARROLO SISTEMA INFORMÁTICO DE GESTIÓN EMPRESARIAL

    CENTRO DE TRABAJO: VIGO

    DEPARTAMENTO: DIRECCIÓN TÉCNICA

    Nº DE PLAZAS: 1

    TITULACIÓN: GRADOS SUPERIORES ADMINISTRACIÓN DE SISTEMAS INFORMÁTICOS EN RED

    FUNCIONES: PARTICIPAR EN LA TOMA DE DATOS, ANÁLISIS Y ESTRUCTURACIÓN DE LOS MISMOS, IMPUTACIÓN EN SISTEMAS INFORMÁTICOS. PARTICIPAR DEL DESARROLLO DE INFORMES Y MODIFICACIÓN DE LA INTERFACE DE LA APLICACIÓN.

    DURACIÓN DE LA BECA: 6 MESES AYUDA ECONOMICA: 600€ BRUTOS/MES HORARIO DE TRABAJO: de 08:00 a 13:30 h y 15:30 a 18:00 h de lunes a viernes

    PARA ACCEDER A ESTA OFERTA: Inscribirse como candidato/a en el portal de empleo de la Fundación Universidade da Coruña (http: www.fundacion.udc.es/emplea)

    Nº LOCALIZADOR: 2016PRTI051

    PARA MÁS INFORMACIÓN: UNIDAD DE EMPLEO Y FORMACIÓN de la FUAC: – Técnico de Empleo. ELVIRA ÁLVAREZ SALGADO. 981.167000 ext. 4394. nuria.babio@correo.udc.es – Técnico de Empleo. AMALIA BORREGUERO VILLANUEVA. 981.167000 ext. 2367 amalia.borreguero@udc.es – Técnico de Empleo. LAURA SUAREZ CALVELO. 981.167000 ext. 1006. lsuarez@udc.es – Técnico de Empleo. ROSA VILLAR MOURO. 981.167000 ext. 4362. rosav@udc.es

    FUNDACIÓN UNIVERSIDADE DA CORUÑA

    PASEO DE RONDA, 47 – 2ª PLANTA – CAMPUS DE RIAZOR (ANTIGUA ESCUELA DE MAGISTERIO) C.P. 15011 – A CORUÑA FAX: 981.167.040 WEB: www.fundacion.udc.es

    Seguir lendo →
  • Exposición “Cartas de amor”

    15 artistas contra a violencia de xénero, unha mostra do cómic galego sobre a violencia de xénero, con debuxos de autores de sona como Miguel Calatayud, Patricia Castelao, Fausto Isorna, José Luís Méndez, Jack Mircala, Javier Olivares, David Pintor, Pirusca, Primitivo, Sonia Pulido, Paco Roca, Sergi San Julián, Eva Vázquez, Óscar Villán e Anxos Sumai. Esta exposición ten por obxectivo sensibilizar á poboación máis nova, facer reflexionar ás e aos adolescentes sobre a existencia de violencia nos seus modos de relacionarse, axudar a detectala e, polo tanto, tamén a eliminala. IMG_0503web

    Seguir lendo →
  • Programa de reforzo, orientación e apoio

    Contratos programa

    1. Programa de reforzo, orientación e apoio (PROA): modalidade de acompañamento fóra do horario lectivo.

    Descrición da actuación

    Con esta actuación preténdese mellorar as perspectivas escolares do alumnado con dificultades, a través do traballo ou apoio organizado para a adquisición das destrezas básicas que lle faciliten a incorporación plena ao ritmo de traballo ordinario e ás esixencias das diferentes áreas e materias.

    O IES Chan do Monte forma parte da relación de centros con programas seleccionados, recollidos na Resolución provisional conforme o disposto no artigo 13 da Resolución do 5 de novembro de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan, para o curso 2015/16, os contratos-programa.

    As familias do alumnado proposto establezan unha cita co Departamento de Orientación.

    Seguir lendo →