IES Chan do Monte Marín

Departamento de Orientación

  • BOLSAS SEPI: PROGRAMA DE INICIACIÓN NA EMPRESA

    O becario do programa terá dereito a obter os seguintes beneficios:

    a) Formación práctica nalgún dos centros das empresas e institucións colaboradoras

    b) Percibir unha dotación económica (asignación mensual para os becarios técnicos superiores de 800 euros)

    c) Seguro de accidentes e seguro multiasistencia no caso de que o becario desenrole a súa prácctica formativa no estranxeiro.

    d) Inclusión no réxime xeral de Seguridade Social, coa única exclusión da protección por desemprego

    Requisistos:

    • Ter concluido o título de F.P con posterioridade ó 31 de decembro de 2013.
    • Ter nacido con posterioridade ó 30 de abril de 1986.
    • Estar disposto a fixar a súa residencia no lugar donde reciba a formación práctica.
    • Non ter sido beneficiario dalgún programa de becas da Fundación.

    Solicitudes:

    Cumprimentar o formulario , a través da páxina web da Fundación www.fundacionsepi.es

    O prazo de presentación das solicitudes remata o 27 de marzo, non obstante poderase ampliar o prazo ata o 30 de xuño de 2016.

    Relación de entidades e empresas colaboradoras:

    Companía española de sistemas aeronáuticos, S.A (CESA), Companía española de tabaco en rama , S.A (CETARSA), EADS-CASA ESPACIO, S.L, Empresa Nacional de innovación S.A (ENISA), Hipódromo da Zarzuela, S.A, INITEC Plantas industrias S.A.U, Instituto de Biomecánica de Valencia, SAECA-Sociedade anónima estatal de caución agraria, TRAGSA-Empresa de transformación agraria S.A

    Seguir lendo →
  • PROBAS DE APTITUDE PARA O ACCESO Ó GRAO DE CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE-PONTEVEDRA-

    SOLICITUDE: DO 10 DE MARZO Ó 20 DE ABRIL

    CELEBRACIÓN DAS PROBAS:

    1ª DATA (26 DE MAIO)

    2ª DATA (23 DE XUÑO)

    O pagamento das taxas da dereito a presentarse a todas as datas.

    Novidades na Presente Convocatoria 2016-17

    Na convocatoria para 2016-17 das probas físicas inclúense varias novidades:

    1. O APTO gárdase para a convocatoria seguinte, é dicir, este ano tería validez na presente (2016-17) e na seguinte (convocatoria do 2017-18). 

    2. Polo tanto, o alumnado interesado de 1º bacharelato, ou outras titulacións que aínda non remataran os seus estudos, pode presentarse ás probas físicas desta convocatoria (2016-17) pois, de acadar o APTO, sería válido tamén na convocatoria seguinte (2017-18). 

    3. Esta novidade tamén ten carácter retroactivo, é dicir, o alumnado que o ano pasado (convocatoria 2015-16) obtivo o APTO, NON ten a obriga de presentarse nesta convocatoria, pois recoñéceselle o resultado da pasada convocatoria (2015-16). 
    4. Recoñécense as probas físicas de acceso superadas de calquera universidade española. É dicir, poderán acceder a esta titulación as personas que superasen as probas específicas de acceso coa cualificación de APTO (ou equivalente) en calquera facultade do sistema universitario español durante o ano natural 2015 ou 2016 (sempre e cando as superase antes da apertura dos prazos que establece a Comisión Interuniversitaria de Galicia -CIUG: http://ciug.cesga.es/- para o acceso a centros con límite de prazas.)

    5. Este ano tamén se aprobaron dúas datas diferentes para poder obter a cualificación de APTO: 1ª data: 26 de maio; 2ª data: 23 de xuño. Se quedan vacantes tamén hai a posibilidade de setembro, pero non é habitual. O pago das tasas da dereito ás tres datas, polo que, no caso de suspender na primeira data (maio), pode volver tentalo na segunda (xuño), ou terceira (setembro).
    AVISO: Condicións Xerais para Aprobar as Probas Físicas (consultade tamén o baremo no regulamento)

    • Os aspirantes deben superar con “APTO/A”: 
    □ A proba nº 1 de Adaptación ao Medio Acuático, obrigatoriamente.
    □ Cinco das outras seis probas, entre as nº 2, 3, 4, 5, 6 e 7.
    □ Un total de seis probas, sempre e cando se cumpran ámbalas dúas condicións anteriores.
    • No caso de non cumprir algunha das condicións anteriores serán cualificados como “NON APTO/A” no global das probas físicas, e tamén quedarán excluídos de facer o resto das probas.
    Seguir lendo →
  • AXUDAS PARA UN CURSO INTENSIVO DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN INGLÉS

    Descrición

    Os beneficiarios asistirán a un curso organizado por empresas contratadas polo MECD, debendo aboar unha parte do custo.

    Destinatarios:

    Alumnos becarios do MECD que cumpran os requisitos establecidos.

    Requisitos:

    • Ter nacido entre o 1 de xaneiro e o31 de decembro de 1999.
    • Ter a condición de becario no curso 2015/16 da convocatoria xeral de becas do MECD conforme á Resolución de 30 de xullo de 2015 da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional  e Universidades pola que se convocan becas para estudantes que cursen estudos postobligatorios.
    • Estar matriculado no curso 2015/16 en:
      • Bacharelato.
      • Ensinanzas profesionais de música e danza.
      • Grao medio de Formación Profesional.
      • Grao medio de artes plásticas e deseño.
      • Grao medio de ensinanzas deportivass.
      • Ensinanzas de idiomas de nivel intermedio ou avanzado.
    • Ter aprobado totalmente o curso inmediatamente anterior e ter obtido en dito curso unha nota final mínima de 7,50 puntos na materia de inglés.
    • Terán preferencia os solicitantes que obtiveran unha puntuación superior.

    Dotación:

    A axuda cubre todos os gastos de ensinanza, material, manutención e aloxamento. O transporte ata as instalacións corre por conta do alumno que, así mesmo, debe aboar 100 euros á empresa.

    Plazo de presentación

    Desde o 04 marzo 2016 ata o día 08 abril 2016

    Prazo de presentación aberto.

    Procedemento para realizar a solicitude

    Para presentar a solicitude deberá realizar os seguientes pasos sucesivos:

    • En primeiro lugar, o interesado deberá iniciar o proceso de solicitude, cumprimentar seus datos, obter unha plantilla ou certificado que xera a propia aplicación e imprimila. A solicitude  deberase cumprimentar mediante o formulario accesible por internet na dirección www.mecd.gob.es a través da sede electrónica do M¡nisterio de Educación, Cultura e Deporte no apartado correspondente a “Trám¡tes ey Servizos”
    •  Presentará dita plantilla no centro de estudos, para que este certifique  os datos académicos necesarios para valorar  a súa solicitude.
    • Unha vez que conte con este certificado, o solicitante o escaneará e achegará mediante a aplicación informática  e só entón poderá completar o proceso de presentación da solicitude.

    Asignación de destinos:

    A asignación de centros de destino e turnos para a realización da actividade  efectuarase polas empresa/s contratada/s

    Seguir lendo →
  • PROBAS DE CERTIFICACIÓN 2016: ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS

    Ábrese o prazo de matrícula libre para as probas de certificación do nivel básico, intermedio, avanzado e C1 do 29 de marzo ao 14 de abril de 2016, ambos incluídos. A matrícula realizarase en liña no enderezo:https://www.informaticacentros.com/xunta/ e non terá validez ata que o alumnado a formalice na secretaría da escola ou sección onde vai realizar a proba.

    A aplicación web de matrícula permanecerá aberta ata as 12.00 do mediodía do 14 de abril.

    Este ano realizaranse as probas do nivel C1 nos idiomas galego, francés e inglés.

    Consulta as datas, documentación de matrícula, taxas, guía dos candidatos e exames anteriores.

    Seguir lendo →
  • PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2016-2017

    PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

    A solicitude (ANEXO II) presentarase no centro de preferencia do 1 ao 29 de marzo.A solicitude de admisión é única.

    Todas as solicitudes deberán estar completamente cubertas, especificando claramente o centro no que está escolarizado o alumno/a na actualidade .Deberán contar coa data e selo de rexistro de entrada do centro.

    Na solicitude de admisión indicarase o curso no que desexa ser admitido, e polo tanto, é para ese curso, aínda que o alumno repita. No caso de repetir, o alumno poderá escoller entre seguir no centro no que estaba matriculado ou solicitar fóra de prazo.Coa solicitude achegarase copia do boletín de notas e indicarase o centro no que fora admitido.Só para este alumnado, e sempre que estea cursando ESO ou bacharelato, estará aberta a posibilidade de solicitar praza ata o 9 de setembro.

    Cando a demanda de prazas escolares sexa superior á oferta, as familias deberán entregar a documentación correspondente para baremar do 1 ao 12 de abril.

    A solicitude de admisión terá que estar asinada por calquera dos/as titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio, será necesaria a sinatura de ambos proxenitores/as, excepto que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En mabos casos será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para a súa comprobación polo centro educativo.

    As seguintes causas poden suponer a perda do dereito de prioridade:

    • Presentación de máis dunha solicitude.
    • Presentación dunha solicitude estando vinculado por reserva de praza.
    • Solicitudes que conteñan datos que non se axustan ás circunstancias reais do/a alumno/a.
    Seguir lendo →
  • CONVOCATORIA 2016 PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE F.P (CICLOS SUPERIORES)

    ORDE do 18 de febreiro de 2016 pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2014/15 (DOG Núm. 39 Venres, 26 de febreiro de 2016)

    Número e características dos premios

    1. Poderanse conceder ata vinte e tres premios extraordinarios, un por cada familia de formación profesional de grao superior implantada na Comunidade Autónoma de Galicia.

    2. A dotación para os premios será de 19.550 €

    . 3. O alumnado que obteña o premio extraordinario, ademais da dotación económica, recibirá un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro público onde estea depositado o expediente académico anotará nel, mediante dilixencia, a distinción, e farase constar nas certificacións académicas que se emitan.

    4. Estes premios extraordinarios de formación profesional de grao superior son compatibles con calquera outro premio. O alumnado premiado poderá concorrer, logo de inscrición, ao correspondente premio nacional de formación profesional de grao superior.

    Artigo 3. Requisitos de participación:

    Poderá optar aos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

    1. Ter cursado estudos de formación profesional de grao superior no curso 2014/15 nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia e telos rematados no ano 2015.

    2. Ter obtido unha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50, nos termos establecidos no artigo 50 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia. Esta cualificación expresarase con dúas cifras decimais, arredondadas á centésima máis próxima e, en caso de equidistancia, á superior. Para estes efectos non se computarán os módulos cualificados cos termos de «apto», «validado» ou «exento».

    3. Non estar incurso/a en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Artigo 4. Prazo e forma de presentación de solicitudes

    O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes subscribiranas directamente as persoas interesadas con plena capacidade de obrar ou, se é o caso, os/as representantes legais dos/das solicitantes. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado ED311B dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou no anexo I desta orde. Para estes efectos, os rexistros dos centros educativos non se consideran incluídos dentro das dependencias enumeradas no dito artigo. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    Artigo 5. Documentación complementaria

    Xunto coa solicitude a que se fai referencia no artigo 4 desta orde entregarase, se é o caso, a seguinte documentación:

    1. Fotocopia do documento de identidade, DNI ou NIE do/a solicitante (só no caso de que o/a interesado/a non preste o consentimento para a consulta dos datos de identidade no legal no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas)

    . 2. Listaxe dos méritos que se desexe alegar relacionados co título profesional, de acordo co previsto no artigo 9.1.b) desta orde e segundo o modelo do anexo II, xunto coa documentación xustificativa correspondente. Os méritos acreditaranse mediante documento orixinal ou fotocopias cotexadas deste, onde conste expresamente o número de horas de duración da actividade, a data de inicio, a data de finalización e o organismo que convoca. A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

    (continuar lendo no DOGA Núm. 39 Venres, 26 de febreiro de 2016)

     

    Seguir lendo →
  • CONVOCATORIA PARA SOLICITAR ASISTIR ÓS CAMPUS CIENTÍFICOS VERÁN 2016

    A  Fundación Española para a Ciencia e a Tecnología e o  Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, coa colaboración de 16 Campus de Excelencia Internacional e Rexional e o apoio da Obra Social A Caixa, poñen en marcha a 7ª edición do Programa Campus Científicos de Verán (CCV), dirixido a 1.920 estudantes de 4º de ESO e 1º de Bacharelato.

    Durante sete días os participantes do Campus Científico de Verán ( CCV ) 2016 estarán en contacto coa investigación científica, participando nun proxecto de acercamento científico especialmente deseñado para eles por profesores da Universidade e de Ensinanza Secundaria. O programa completarase con actividades de ocio científico-cultural (conferencias, visitas a museos e centros de ciencia) e deportivas.

    O prazo para a presentación de solicitudes permanecerá aberto dende  o día 24 de febrero ata as 15:00h do día 16 de marzo de 2016.

    Na seguiente páxina web  <http://www.campuscientificos.es>http://www.campuscientificos.es  podedes encontrar máis información con todos os detalles do programa.

    alumno en un laboratorio

    Seguir lendo →
  • RESERVA DE PRAZA INTERNA PARA O CURSO 2016/2017: ESO E BACHARELATO

    O noso alumnado de ESO e Bacharelato deberán entregar cumprimentada na maior brevidade a solicitude de  reserva de praza para o curso 2016/2017 . Os titores entregarán o modelo aos seus alumnos.

    Seguir lendo →
  • CAMPAÑA PREVENTIVA: “SI CONTROLAS VUELVES”. AESLEME

    Onte día 22 de febrero, ás 16:00 horas, o alumnado da FP Básica asistiu a unha charla preventiva impartida por Juan, lesionado medular colaborador de AESLEME.

    A Asociación para o Estudo da Lesión Medular Espinal (AESLEME) é una entidade sen ánimo de lucro dedicada á prevención de accidentes que provocan lesións medulares e cerebrais, a maioría irreversibles: paraplexias,tetraplexias,traumatismos craneoencefálicos,etc.

    Dita campaña ten como obxectivo favorecer hábitos de conduta seguros.Esta presentación amena e atractiva estivo acompañada de videos ilustrativos.

     

     

    Seguir lendo →
  • Convocatoria das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior para o ano 2016.NOVIDADES

    calendario_probas_acceso_2016

    Introdución

    Segundo a modificación introducida pola LOMCE do artigo 41.3 da LOE, o acceso a ciclos formativos de grao superior requirirá o cumprimento das seguintes condicións:

    • Título de bacharelato.
    • Título universitario.
    • Título de técnico de formación profesional (grao medio LOE ou LOXSE).
    • Título de técnico superior de formación profesional.
    • Certificado acreditativo de ter superadas todas as materias do bacharelato (LOMCE).
    • Ter superada unha proba de acceso a ciclos de grao superior.

    Así mesmo, segundo o punto tres da disposición adicional terceira da LOMCE, aceptarase como título de bacharelato ao que se refire o artigo 41.3 o título de bacharelato expedido tras cursar o antigo bacharelato unificado e polivalente (BUP).

    As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior van dirixidas ás persoas que teñan polo menos dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba e non cumpran os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior.

    Novidades da convocatoria de probas de acceso de 2016

    As persoas que posúan un título de técnico de formación profesional ou o título de bacharelato unificado e polivalente (BUP) cumpren os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior e, xa que logo, non terán que presentarse ás probas para acceder a estes ciclos formativos.

    As persoas que posúan un título de técnico de artes plásticas e deseño poderán solicitar a exención da parte específica da proba no caso de escoller a opción B.

    As persoas que posúan un  título de técnico deportivo poderán solicitar a exención da  parte específica da proba no caso de escoller a opción C.

    Lugar de inscrición e de presentación da solicitude

     As solicitudes poderanse realizar de modo telemático desde a opción “solicitude web” dispoñible na páxina www.edu.xunta.es/fp/probas. A aplicación informática xera una instancia para imprimir que deberá presentar nun centro de inscrición, acompañada da documentación que se lle indica na instancia. En tanto que non se efectúe este trámite non quedará feita a matrícula.  Opcionalmente, pódese optar por cubrir o formulario normalizado en pantalla, imprimilo e presentalo nun centro de inscrición acompañado da documentación necesaria. O formulario normalizado está dispoñible en: – Sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.es (para o acceso a grao medio, o código de procedemento é ED312C; para acceso a grao superior, o código de procedemento é ED312D). – www.edu.xunta.es/fp Considerase centro de inscrición calquera centro público dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, con oferta de formación profesional.

    O prazo de inscrición para as probas de acceso a grao superior será entre os días 15 e 26 de febreiro, ambos incluídos.

    Toda a información e a documentación referente ás probas de acceso a os ciclos formativos poderá consultarse dentro da pestana “probas” do menú da páxina web http://www.edu.xunta.es/fp

    Seguir lendo →