IES Chan do Monte Marín

Departamento de Orientación

  • TERCEIRA EDICIÓN DOS PREMIOS DA FUNDACIÓN DA ENXEÑARÍA CIVIL DE GALICIA AOS MELLORES EXPEDIENTES PREUNIVERSITARIOS PARA O CURSO 2016/2017

    PremioIngenieria

    Obxectivo dos Premios :

    Recoñecer o esforzo dos mellores alumnos que obteñan resultados sobresaíntes na súa formación preuniversitaria, premiando aquelas mellores cualificacións nas PAU e formalicen a súa matrícula no Grao de Tecnoloxía da Enxeñaría Civil ou Grado de Enxeñaría de Obras públicas da UDC.

    Requisitos:

    Ter finalizado os estudos de bacharelato no curso 2015/2016.

    Acadar nas PAU 2016 unha cualificación definitiva igual ou superior a 10 sobre 14.

    Matriculado por primeira vez no curso 2016/2017 en calquera dos Grados citados.

    pficg

    Seguir lendo →
  • ´SAÍDA CULTURAL A SANTIAGO ORGANIZADA POLOS DEPARTAMENTOS DE LINGUA CASTELA E LINGUA GALEGA

    tg_carrusel_cabecera_grande (1)-bicos-con-lingua-de-talia-teatroSalvadordalicontadorhistorias

    O alumnado de 2º e 4º ESO realizarán o venres día 15 de abril unha saída cultural a Santiago de Compostela e Iria Flavia, organizada polos Departamentos de Lingua Castelá e Lingua Galega.

    Programa:

    • Exposición Salvador Dalí, contador de historias. Sede A Fundación.
    • Teatro: “Bicos con lingua”, a cargo de Talía Teatro (Teatro Principal).
    • Visita á Fundación Camilo José Cela (Iria Flavia).

     

     

    Seguir lendo →
  • CHARLA ESPECÍFICA DA ESCOLA DE ENFERMERÍA, BIOLOXÍA E ENXEÑARÍA INDUSTRIAL

    descarga

    O alumnado de 2º de Bacharelato de Ciencias recibiron hoxe día 7 de abril, unhas charlas específicas impartidas polo profesorado pertencente a Universidade de Vigo das titulacións ou graos de Bioloxía, Enxeñaría Industrial e Enfermería de Pontevedra.

    Agradecemos desde aquí, a dispoñibilidade dos participantes e a colaboración do SIOPE (SERVIZO DE EXTENSIÓN UNIVERSITARIA).

     

    Seguir lendo →
  • ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE PARA A INSCRICIÓN ÁS PROBAS DE ACCESO A GRAO MEDIO

    As solicitudes poderanse realizar de modo telemático desde a opción “solicitude web” dispoñible na páxina www.edu.xunta.es/fp/probas.

    A aplicación informática xera una instancia para imprimir que deberá presentar nun centro de inscrición, acompañada da documentación que se lle indica na instancia. En tanto que non se efectúe este trámite non quedará feita a matrícula.  Opcionalmente, pódese optar por cubrir o formulario normalizado en pantalla, imprimilo e presentalo nun centro de inscrición acompañado da documentación necesaria.

    O formulario normalizado está dispoñible en: – Sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.es (para o acceso a grao medio, o código de procedemento é ED312C; para acceso a grao superior, o código de procedemento é ED312D). – www.edu.xunta.es/fp

    Considerase centro de inscrición calquera centro público dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, con oferta de formación profesional.

    Prazo: do 4 ao 15 de abril de 2016.

    Seguir lendo →
  • OBRADOIROS DE POESÍA E GRAFITTI: EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

    O Departamento de Lingua Galega e Equipo de Dinamización da Lingua Galega, organizan uns Obradoiros de Poesía e grafitti.

    O xoves, 31 de marzo a poeta Dores Tembrás impartirá estes obradoiros co alumnado de 2º e 3º ESO.

    Descrición: Poesía+Grafitti é un obradoiro no que o acceso ao poético se realiza por medio dunha vía moi familiar para os rapaces e rapazas, cunha linguaxe que eles manexan con naturalidade coa que se identifican, as pintadas nas rúas.

    Concibido para desenvolveren sesión de dúas horas, o obradoiro divídese en dúas partes, una primeira se traballa con imaxes de grafitti (pintadas de corte poético) e  aprendemos a analizalas tendo en conta algunhas figuras retóricas , pero tamén o espazo no que están feitas, e outras cuestión como grafías,a necesidade de brevidade,  a precisión… E unha segunda parte na que o alumnado pon en práctica o que viron con anterioridade.

     

    IMG_4116_web

    Seguir lendo →
  • CAMPUS DE PONTEVEDRA EN ABERTO 2016. GUSTARÍACHE COÑECER A TÚA UNIVERSIDADE POR DENTRO?

    Visita as facultades de Ciencias Sociais, Enxeñaría Forestal, Fisioterapia, de Ciencias da Educación e do Deporte e Belas Artes, e fai un obradoiro/demostración gratuíta en familia.

    Obradoiros: en horario de 16:00 ás 17:30 horas

    15 de abril: Radio e TV/Asamblea políticas sociais (Facultade de Ciencias Sociais)

    18 de abril:Enxeñaría forestal-medio natural (Facultade de Enxeñaría forestal)/Obradoiro de espirometría e electroestimulación  (Facultade de Fisioterapia)

    20 de abril:RCP básica (Facultade Ciencias da Educación e do deporte)/Laboratorio de estampa (Grao de Infantil e Primaria)

    21 de abril:Serigrafía textil (Estudos superiores de Textil e moda)/Arte na aula (Belas Artes).

    Dirixido a alumnado de bacharelato / ciclos superiores e as súas familias .

    Inscricións ata o 12 de abril.Entrega de inscricións na Casa da Campás (Pontevedra) os días 8,11 e 12 de abril ou por correo electróncio vic.pon@uvigo.es

    Mási información no teléfono: 986745218

    Seguir lendo →
  • CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS.NIVEL BÁSICO.ISSGA

    Código: CV16007

    Destinatarios: empregados públicos, traballadores por conta allea ou autónomos, empresarios e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos profesionais.

    Modalidade: teleformación

    Duración: 60 horas edición

    Ediciones: tres

    Datas: do 26 de abril ao 30 de xuño de 2016

    Proba final presencial: o día 30 de xuño de 2016, ás 10:00 horas

    Prazas: 50 por edición.

    páx web http://egap.xunta.es

     

     

    Seguir lendo →
  • Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo – 2 de abril
  • Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos

    Orde do 14 de marzo de 2016 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

    • O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
    Seguir lendo →
  • PROBAS DE AVALIACIÓN DE CARÁCTER LIBRE PARA A OBTENCIÓN DA CERTIFICACIÓN GALEGA DE COMPETENCIAS DIXITAIS EN OFIMÁTICA

    RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2016 (DOGA , 15 de marzo de 2016)

    Obxecto

    Obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, regulada polo Decreto 218/2011, do 17 de novembro, tras a superación dunha proba presencial na cal se acreditarán os coñecementos, as capacidades e destrezas definidos no Plan formativo ofimático de Galicia.

    Poden participar nestas probas todas aquelas persoas maiores de 16 anos, ou que os fagan antes da finalización do prazo de inscrición, inscritas como usuarias da Rede Cemit.

    Contidos da proba:

    O temario para a avaliación será o descrito no módulo formativo MF0233_2 Ofimática (190 horas), asociado á unidade de competencia UC0233_2, manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e da documentación, do Catálogo nacional de cualificacións.

    As capacidades e os criterios de avaliación do dito módulo formativo poden consultarse no Real decreto 558/2011, do 20 de abril, polo que se complementa o Catálogo nacional de cualificacións profesionais, mediante o establecemento de dúas cualificacións profesionais correspondentes á familia profesional de administración e xestión (BOE núm. 109, do 7 de maio).

    A Rede Cemit ten publicados na súa plataforma de teleformación (http://cemit.xunta. gal/ema) os materiais formativos que forman parte do curso Codix baixo a modalidade de autoformación como material de apoio para a preparación destas probas

    As probas de avaliación presencial que se convocan desenvolveranse de acordo co seguinte calendario:

    Pontevedra:Mércores, 27 de abril, ás 10.00 horas.O número de prazas é de  26. As probas de avaliación terán lugar nas dependencias das aulas Cemit de cada localidade indicada no punto anterior, localizacións que se poden consultar na web http://cemit.xunta.gal/centros.

    As persoas que desexen participar nas probas presenciais deberán inscribirse na páxina web de Cemit http://cemit.xunta.gal

    Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da Rede Cemit. Nesta alta previa é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

    O prazo para a inscrición será de sete (7) días naturais a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

    A inscrición poderá realizarse a través da internet ata as 14.00 horas da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

    Seguir lendo →