Departamento de Orientación
- Instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Deseño
Resolución do 26 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2016/17.
Inscrición para realizar as probas: A inscrición farase na Secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño de Galicia elixida en primeira ou única opción, no prazo comprendido entre o día seguinte ao da publicación da presente resolución e o 7 de xuño, ambos os dous incluídos.
Seguir lendo → - Instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2016/2017
Resolución do 26 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2016/17.
Inscrición para realizar as probas: A inscrición farase na Secretaría da ECRBBCCG, no prazo comprendido entre o día seguinte ao da publicación da presente resolución e o día 13 de xuño, ambos os dous incluídos.
Seguir lendo → - Cualificacións provisionais: Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.
Publicada a listaxe provisional das cualificacións das probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior.
Período de reclamación: do día 10 ao 12 de maio, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.
http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-superior-convocatoria-actual
Seguir lendo → - Día Internacional contra o Acoso Escolar
Seguir lendo →O Día Internacional contra o acoso escolar coñecido tamén coma o Día contra o Bullying conmemorase o 2 de maio. O acoso escolar é calquera forma de maltrato psicolóxico, verbal ou físico producido entre escolares de forma reiterada ao largo dun tempo determinado na aula ou a través das redes sociais, co nome específico de ciberacoso.
- PROBAS LIBRES DE TÍTULOS EXTINGUIDOS LOXSE:CM COMERCIO E CS XESIÓN COMERCIAL
A Orde do 8 de maio de 2015, pola que se establecen probas libres de títulos extinguidos dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990. do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, establece a realización de probas libres de módulos profesionais dos ciclos LOXSE que se extinguen, co fin de lle permitir finalizar os estudos e lograr a titulación ao alumnado que se vexa afectado pola implantación das novas ensinanzas (LOE).
A derradeira convocatoria para a presentación de solicitudes previstas é do 6 ao 16 de maio de 2016..
As solicitudes presentaranse nas secretarías dos centros públicos que ofreceron as correspondentes ensinanzas no momento da súa extinción.
Na solicitude pódese solicitar a validación de módulos profesionais,.Respecto ao módulo de Formación en centros de traballo, o alumnado que teña pendente de superación únicamente este módulo (FCT) poderá realizala como máximo ata o curso 2015/2016.
Tamén poderase solicitar a exención do módulo de FCT cando se teña superado o resto dos módulos profesionais e cumpra os requisitos establecidos na normativa vixente para dita exención.
Os ciclos de grao medio de Comercio (LOXSE) e o CS de Xestión comercial e márketing (LOXSE) están incluídos nesta derradeira convocatoria.
Seguir lendo → - RESOLUCIÓN DAS AXUDAS PARA ALUMNADO CON N.E.A.E 2015/2016
Publicación no BOE da resolución dos listados definitivos de beneficiarios da convocatoria de axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo do actual curso 2015/16. Pódese acceder no seguinte enlace:
Por conseguinte, o prazo para a presentación de recurso de reposición por parte dos alumnos comeza o día 21 de abril e finaliza o 20 de maio de 2016.
Seguir lendo → - DESTINO PRÁCTICAS FUAC (CICLOS FORMATIVOS)
PROGRAMA DE FORMACIÓN EMPRESARIAL FUAC PARA FORMACIÓN PROFESIONAL E ENSINANZAS ESPECIAIS
NORMATIVA APLICABLE: As prácticas rexeranse de acordo co establecido no Real Decreto 1493/2011 de 24 de outubro. CARACTERÍSTICAS:
1. Duración: mínimo 3 meses e máximo 12 meses.
2. Horario: mínimo 4 horas/día e máximo 8 horas/día (máx. 40 horas semanais)
3. Contraprestación económica (bolsa axuda estudo): A determina a empresa, estipulándose un mínimo de 300 euros brutos/mes media xornada e un mínimo de 500 euros brutos/mes pola xornada completa.
4. Financiación: A empresa financiará o custo total da práctica.
A FUAC emitirá a factura correspondente cos seguintes conceptos: Contraprestación económica bruta mensual titulado. ·
Cuotas Seguridade Social · Gastos de xestión, coordinación e seguimiento do Programa 12% (Socios 10%) sobre a contraprestación económica ao titulado aos que se engadirá o IVA.
5. Seguridade Social: A FUAC tramitará as altas e baixas e cotizará polo titulado á Seguridade Social, nos termos e prazos establecidos no R.D. 1493/2011. A tarifa establecida neste momento asciende a 34,89 € mes natural.
REQUISITOS TITULADOS FP E ENSEÑANZAS ESPECIALES:
1. Ter obtido a titulación nos últimos 3 anos.
2. Cumplir algún dos seguintes requisitos: ou ser galego ou fillo de emigrantes galegos ou ser residente en Galicia . Ter obtido seu título nun centro educativo galego.
3. No ter traballado baixo ningunha modalidade de contratación laboral e/ou mercantil coa titulación requerida.
4. Ter completado seu registro como candidato en www.fundacion.udc.es/emplea.
TELÉFONO: 981167000 EXT 4362
www.fundacion.udc.es
Seguir lendo → - Probas libres para obtención títulos FP (LOE). Curso 2015-2016
As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na citada Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.
Requisitos das persoas solicitantes
Cumprir os requisitos de acceso establecidos no artigo 36º do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia (para ciclos medios, ESO ou proba de acceso; para ciclos superiores, bacharelato da LOE ou da LOXSE, ou proba de acceso), e ademais:
– Ter 18 anos, para optar aos títulos de técnico
– Ter 20 anos, para optar aos títulos de técnico superior, ou 19 anos no caso de posuír xa o título de técnico
Malia o anterior, coa finalidade de facilitar a formación permanente, a integración social e a inclusión de persoas e de grupos desfavorecidos no mercado de traballo, se houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, poderán acceder á realización das probas dos módulos profesionais asociados a unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais as persoas adultas que, sen cumpriren as condicións de acceso, teñan acreditada:
– Experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo de dous anos nunha actividade laboral directamente relacionada co sector profesional do ciclo formativo correspondente.
Con carácter xeral, non estar matriculado/a en ciclos formativos de formación profesional nin ter causado baixa no correspondente curso académico.
Excepcionalmente, no caso de que houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, poderán acceder á realización das probas as persoas matriculadas polo réxime de persoas adultas para a superación dos módulos profesionais do mesmo ciclo formativo, sempre que os teñan suspensos de cursos académicos anteriores e non se atopen matriculadas neles no curso académico de realización da proba.
Non estar en posesión dun título de formación profesional declarado equivalente ao correspondente título de formación profesional establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, obxecto da proba.
Lugar de presentación de solicitudes
As solicitudes de inscrición para participar nas probas libres de formación profesional presentaranse na secretaría de calquera centro público en que se oferten probas libres para a obtención de títulos LOE, malia que non sexa o centro elixido en primeira opción.
Documentación relacionada
- Impreso de solicitude para as probas libres a ciclos formativos de formación profesional (anexo I)
- Certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, do Instituto Social da Mariña ou da mutualidade laboral en que se teña afiliación, onde conste a empresa, o grupo de cotización e o período de contratación (vida laboral)
- Certificación da empresa en que se adquirira a experiencia laboral, que reflicta especificamente a duración dos períodos de prestación de servizos, a categoría laboral, a actividade desenvolvida, o período en que se realizara a devandita actividade e os ciclos formativos relacionados (anexo II)
- Se quen solicita xa ten módulos superados do ciclo formativo, deberá presentar a correspondente certificación acreditativa
- Se ten 19 anos e un título de técnico, deberá presentar o depósito do título de técnico (só no caso de solicitar ciclos formativos de grao superior)
- Se solicita adaptación da proba por recoñecemento de necesidades educativas especiais, xuntará o certificado do recoñecemento do grao de minusvalidez e ditame técnico facultativo
- Impreso de solicitude de matrícula, que deberá presentarse logo de resultar admitido/a e durante o período establecido
Prazo de solicitude de admisión
Unicamente poderá presentar a solicitude de admisión quen cumpra os requisitos de acceso no período da inscrición.
O prazo de presentación de solicitudes de admisión é o seguinte (período ordinario): do 18 ao 29 de abril de 2016 ata as 13:00 h.Oferta de prazas para a realización das probas libres de ciclos formativos LOE. Curso 2015-2016. IES CHAN DO MONTE
Grao medio CMCOM01 Actividades comerciais
Módulos profesionales :Aplicacións informáticas para o comercio 10 MP1231 Dinamización do punto de venda 10 MP1236 Formación e orientación laboral 10 MP0156 Inglés 10 MP1226 Marketing na actividade comercial 10 MP1232 Procesos de venda 10 MP1229 Xestión de compras de ciclos .
CMIMA02 Instalacións de produción de calor
Módulos profesionales : MP0395 Empresa e iniciativa emprendedora 10 MP0394 Formación e orientación laboral 10 MP0038 Instalacións eléctricas e automatismos 10 MP0036 Máquinas e equipamentos térmicos 10 MP0037 Técnicas de montaxe de instalacións 10
CMIMA01 Instalacións frigoríficas e de climatización
Módulos profesionales : MP0039 Configuración de instalacións de frío e climatización 10 MP0044 Empresa e iniciativa emprendedora 10 MP0043 Formación e orientación laboral 10 MP0038 Instalacións eléctricas e automatismos 10 MP0036 Máquinas e equipamentos térmicos 10 MP0040 Montaxe e mantemento de equipamentos de refrixeración comercial 10 MP0042 Montaxe e mantemento de instalacións de climatización, ventilación e extracción 10 MP0041 Montaxe e mantemento de instalacións frigoríficas industriais 10 MP0037 Técnicas de montaxe de instalacións 10
CMIFC01 Sistemas microinformáticos e redes
Módulos profesionales: MP0223 Aplicacións ofimáticas 10 10 MP0228 Aplicacións web 10 10 MP0230 Empresa e iniciativa emprendedora 10 10 MP0229 Formación e orientación laboral 10 10 MP0221 Montaxe e mantemento de equipamentos 10 10 MP0225 Redes locais 10 10 MP0226 Seguridade informática 10 10 MP0227 Servizos en rede 10 10 MP0224 Sistemas operativos en rede 10 10 MP0222 Sistemas operativos monoposto 10 10
CMADG01 Xestión administrativa
Módulos profesionales : MP0437 Comunicación empresarial e atención á clientela 10 10 MP0439 Empresa e administración 10 10 MP0446 Empresa na aula 10 10 MP0449 Formación e orientación laboral 10 MP0156 Inglés 10 MP0438 Operacións administrativas da compravenda 10 MP0442 Operacións administrativas de recursos humanos 10 10 MP0448 Operacións auxiliares de xestión de tesouraría 10 MP0441 Técnica contable 10 MP0443 Tratamento da documentación contable 10 10 MP0440 Tratamento informático da información 10
Grao superior CSIFC01 Administración de sistemas informáticos en rede
Módulos profesionales: MP0374 Administración de sistemas operativos 10 MP0377 Administración de sistemas xestores de bases de datos 10 MP0381 Empresa e iniciativa emprendedora 10 MP0380 Formación e orientación laboral 10 MP0371 Fundamentos de hardware 10 MP0376 Implantación de aplicacións web 10 MP0369 Implantación de sistemas operativos 10 MP0373 Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información 10 MP0370 Planificación e administración de redes 10 MP0378 Seguridade e alta dispoñibilidade 10 MP0375 Servizos de rede e internet 10 MP0372 Xestión de bases de datos 10
CSIFC02 Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma
Módulos profesionales :MP0486 Acceso a datos 10 MP0484 Bases de datos 10 MP0487 Contornos de desenvolvemento 10 MP0488 Desenvolvemento de interfaces 10 MP0494 Empresa e iniciativa emprendedora 10 MP0493 Formación e orientación laboral 10 MP0373 Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información 10 MP0485 Programación 10 MP0490 Programación de servizos e procesos 10 MP0489 Programación multimedia e dispositivos móbiles 10 MP0491 Sistemas de xestión empresarial 10 MP0483 Sistemas informáticos 10
CSIFC03 Desenvolvemento de aplicacións web
Módulos profesionales:MP0484 Bases de datos 10 MP0487 Contornos de desenvolvemento 10 MP0617 Formación e orientación laboral 10 MP0373 Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información 10 MP0485 Programación 10 MP0483 Sistemas informáticos 10
CSCOM03 Xestión de vendas e espazos comerciais
Módulos profesionales : MP0933 Formación e orientación laboral 10 MP0179 Inglés 10 MP1010 Investigación comercial 10 MP0931 Márketing dixital 10 MP0930 Políticas de márketing 10 MP0623 Xestión económica e financeira da empresa 10
Seguir lendo → - 4ª Convocatoria de Becas Eurolingua
Cursos de 2 semanas en Irlanda becados al 100% (agás o avión): Clases, actividades e aloxamento.
Requisitos Becas Curso en Irlanda 2016 (Derry e Dublín)
- Querer realizar un curso de inglés en Irlanda coas características descritas.
- IDADE.Ter nacido con anterioridade ao 30 decembro de 2001.
- NACIONALIDADE.- Ter nacionalidade de calquera país da UE.
- ESTUDOS.- Estar matriculado no presente ano escolar 2015-16 en algún destes estudos : Bacharelato, ESO, Formación Profesional ou Titulación Universitaria reglada (masters e doctorados incluidos) en calquera punto de España.
- MEDIA DO EXPEDIENTE ACADÉMICO de alomenos 6 puntos, áos que se aplicará o correspondente coeficiente corrector en función dos estudos.
Teléfono: 902881831
Seguir lendo → - Publicación das sedes e instrucións para a realización das probas de acceso a grao superior
http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-superior-convocatoria-actual
Os solicitantes que deixaron a súa solicitude no IES Chan do Monte, realizarán a proba o día 20 de abril no IES Luís Seoane (Monteporreiro).
Documentación que se precisa:
As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e copia da folla da solicitude de inscrición. Non se permitirá o acceso ao lugar de celebración da proba sen os devanditos documentos. As persoas que teñan algún problema de identificación terán que dirixirse ao tribunal, que valorará as incidencias e tomará as decisións que considere oportunas.
Horario das probas
Presentación. – Ás 9:00 horas.
Parte común da proba. – Das 10:15 ás 13:30 horas: materias da parte común (matemáticas, lingua galega e lingua castelá).
Parte específica da proba. – Das 16:00 ás 18:30 horas: materias da parte específica.
En cada chamamento as persoas inscritas estarán situadas nos lugares designados polos centros.
As persoas que estean exentas de realizar a parte común acudirán directamente ao chamamento antes das 16:00 horas.
As persoas que estean exentas de realizar a parte específica acudirán soamente ao chamamento das 9:00 horas.
As persoas que estean exentas das dúas partes non terán que acudir á celebración da proba.
Non será posible abandonar o lugar de realización da proba ata que o tribunal dea a autorización.
Advertencias: Non se poderá acceder ao lugar de realización das probas con ningún dispositivo que permita transmitir e/ou almacenar información.
O tribunal dará as instrucións pertinentes para o correcto desenvolvemento das probas. Non seguilas poderá ser causa de exclusión.
Materiais que se poden empregar para a realización das probas:
Bolígrafos de tinta negra ou azul. Calculadora científica, agás as que sexan programables, gráficas ou con capacidade para almacenar e/ou transmitir datos. Para a proba de debuxo técnico, materiais básicos de debuxo: lapis, compás, regra, escuadra e cartabón.
Seguir lendo →