IES Chan do Monte Marín

Departamento de Orientación

  • PUBLICADOS OS BORRADORES DA OFERTA DE FP PARA O CURSO 2016/2017

    Proxecto da Orde do _____ de xuño de 2016 pola que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo, polo réxime ordinario, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2016/2017.

    http://www.edu.xunta.es/fp/borrador_oferta-2016-2017

    Seguir lendo →
  • CHARLA INFORMATIVA SOBRE BOLSAS FEUGA PARA TITULADOS DE FP

    O día 17/06/2016 ás 10:50 h, na sala de usos múltiples do noso centro, Don Santiago Álvarez, Subdirector Xeneral da Fundación Empresa-Universidad Gallega – FEUGA  informará ao alumnado de Formación Profesional sobre as becas para titulados de Formación Profesional.

     

    Seguir lendo →
  • Cualificacións provisionais das probas para a obtención de título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos
  • Convócanse prazas de residencia nos centros residenciais docentes (CRD)

    Orde do 25 de maio de 2016 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2016/17.

    • O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será:
    1. Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 15 de xullo de 2016 (este incluído).
    2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 8 de agosto de 2016 (este incluído).

     

    Seguir lendo →
  • Probas de acceso a grao medio. Listaxe provisoria de cualificacións e período de reclamación

    Publicada a listaxe provisoria de cualificacións nas probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

    Poderanse presentar reclamacións contra a cualificación provisoria desde o día 8 ao 10 de xuño, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.

    Seguir lendo →
  • PERÍODO DE ADMISIÓN PARA CURSAR ENSINANZAS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA DE ADULTOS NO CURSO 2016/2017

    O prazo de admisión para cursar ensinanzas de adultos para a obtención do título de Graduado en educación secundaria (ESO) no IES Chan do Monte é do 1 ao 15 de xuño.

    O alumnado que curse actualmente ditas ensinanzas debe volver a realizar a admisión para o curso 2016/2017 coa finalidade de completar os seus estudos (soamente presentará a solicitude: ANEXO I  dispoñible na conserxería).

    O resto de solicitantes deberán aportar a seguinte documentación:

    • ANEXO I (dispoñible na conserxería).
    • Fotocopia do DNI/NIF ou libro de familia ou documento acreditativo da súa identidade.
    • Certificación académica completa dos estudos realizados con anterioridade (solicitalo no último centro donde curosu ensinanzas).
    • Os solicitantes menores de idade deben de aportar orixinal e fotocopia de contrato laboral.

     

    Seguir lendo →
  • VISITA DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA DOS CEIPS DE ARDÁN E SEIXO

    O martes 7 de xuño, visítanos o alumnado de 6º de Educación Primaria dos centros adscritos de Ardán e Seixo. Esta actividade está incluída no Programa para facilitar o tránsito da Educación Primaria á Secundaria.

    O alumnado será recepcionado por Carlota e Fran, alumnos de 1º ESO A  que colaborarán nunha presentación sobre 1º ESO LOMCE: organización do curso, horario.

    Así mesmo como exalumnos dos centros que nos visitan falarán aos seus compañeiros  de como foi a súa experiencia no instituto e  como alumnos de 1º ESO.

    Seguir lendo →
  • ACTO DE GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE 2º BACH

    graduacion O Acto de Graduación de Bacharelato 2016 deste centro  se desenvolverá o vindeiro venres, día 20 de maio, ás 19.00 horas, no Salón de Actos da Escuela Naval de Marín .

     

    Seguir lendo →
  • RECLAMACIÓNS DAS CUALIFICACIÓNS FINAIS

    Segundo de Bacahrelato:

    No suposto de que exista desacordo coa cualificación final obtida nunha materia, o alumno/a ou seus representantes legais poderán solicitar por escrito no Centro, a revisión de dita cualificación no prazo de dous días.

    Para a convocatoria ordinaria, serán os días 24 e 25 de maio de 2016 (ata as 14:00 horas).

    Para a convocatoria extraordinaria, serán os días 5 e 6 de setembro de 2016 (ata as 14:00 horas)

    Circular_2_2016

    Seguir lendo →
  • Probas de acceso de grao medio. Sedes e instrucións para a súa realización. Convocatoria 2016

    Publicadas as instrucións e a asignación das  sedes para a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao medio na convocatoria ordinaria 2016.

    Os solicitantes que deixaron a súa solicitude no IES Chan do Monte teñen como sede de realización o IES Luís Seoane (Monteporreiro).

    Documentación que se precisa :

    As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e copia da folla da solicitude de inscrición.

    Non se permitirá o acceso ao lugar de celebración da proba sen os devanditos documentos.

    As persoas que teñan algún problema de identificación terán que dirixirse ao tribunal, que valorará as incidencias e tomará as decisións que considere oportunas.

    Horario das probas Presentación:

    – Ás 9:00 horas. Parte matemática e parte sociolingüística da proba:

    – Das 10:00 ás 13:00 horas (matemáticas, lingua galega, lingua castelá e ciencias sociais).

    Parte científico-técnica da proba: – Das 16:00 ás 18:00 horas (ciencias da natureza e tecnoloxía).

    En cada chamamento as persoas inscritas estarán situadas nos lugares designados polos centros. As persoas exentas só da parte matemática ou só da parte sociolingüística terán que acudir ao chamamento das 9:00 horas.

    As persoas que estean exentas de realizar a parte matemática e a parte sociolingüística acudirán directamente ao chamamento das 16:00 horas.

    As persoas exentas de realizar a parte científico-técnica acudirán soamente ao chamamento das 9:00 horas.

    Non será posible abandonar o lugar de realización da proba ata que o tribunal dea a autorización.

    Materiais que se poden empregar para a realización das probas :

    Bolígrafos de tinta negra ou azul. 

    Na proba de tecnoloxía poderase empregar calculadora que non sexa programable, gráfica ou con capacidade para almacenar e/ou transmitir datos.

    Seguir lendo →