Desconfinando a Drexler

Codo con codo

Podería ser un dos cadros de Hopper a imaxen que inundase a miña mente, dunha soidade en grupo, pero René Magritte gañou a partida. O pintor belga fixo surrealismo troceando a realidade, lanzando a mirada donde os ollos non alcanzan a ver. Así lembrei as diferentes versións do cadro Os amantes, de rostros ocultos baixo un manto, perceptibles nas súas formas y que nunha das versións, bícanse. Agora mesmo, nos tempos que vivimos, faría o pintor unha nova versión: o beso imposible entre beizos cubertos por mascarillas. Perturbador e fieramente humán. A adaptación ó medio.

Como de adaptación fala Jorge Drexler no poema que vos presento, escrito en marzo do 2020, nun momento no que o mundo enfrenta unha crisis de grandes dimensións, no social e no persoal. Fagamos co autor unha reflexión e vivamos o novo presente con toda a ilusión da que sexamos capaces.

https://www.youtube.com/watch?v=_fYKg-ssHt0

Xa voltarán os abrazos,

os bicos dados con calma,

se te atopas cun amigo

saúdao coa alma.

Sorríe, tíralle un bico,

dende lonxe sé cercano,

non se toca o corazón

soamente coa man.

A paranoia e o medo

non son, nin serán o modo,

desta sairemos xuntos

poñendo cóbado con cóbado.

Mira á xente aos ollos,

demóstralle que che importa,

mantén a distancias longas

teu amor de distancias curtas.

Se podes, non te preocupes,

con ocuparte xa alcanza,

e deixa que sexa o amor

o que incline a balanza.

A paranoia e o medo non son,

nin serán o modo,

desta sairemos xuntos

poñendo cóbado con cóbado.

Rosa María Villar