Concurso O Camiño do Cabalo

O longo de varias sesións o alumnado de distintos niveis e cursos tivo ocasión de participar no concurso O Camiño do Cabalo, no que resolveron os tres niveis de proba propostos poñendo en práctica os coñecementos matemáticos adquiridos na aula.

Os gañadores foron Diego Fernández Domínguez e Joel Solla Peixoto, alumnos de 3º ESO, pola súa habilidade ó atopar o camiño do cabalo nos tres taboleiros, mentres Diego Rosales Estévez e Lucas Santomé González amosaron a súa destreza en atopar con máis rapidez o camiño do cabalo en dous dos taboleiros, descubrindo a mensaxe oculta, que comeza así: O matemático Leonhard Euler resolveu…..

Noraboa a todos, participantes e gañadores, xa que todos desfrutaron da actividade de aprendizaxe.

Diego Fernández e Joel Peixoto
Diego Rosales e Lucas Santomé

Rosa María Villar Villamil

Xefa do Equipo de Dinamización da Biblioteca