Charlas formativas no IES Chan do Monte 📢
- 31
- Xan
- 25
Onte, o alumnado de 1º e 2º de FPB de Oficina e 1º e 2º do ciclo de Xestión Administrativa asistiu á charla “Finanzas para mortais”, impartida por Raquel Costal, directora do Banco Santander.
Esta actividade enmárcase dentro da colaboración entre esta entidade bancaria e a Xunta de Galicia para fomentar a cultura financeira no sistema educativo non universitario. Durante a sesión, abordáronse aspectos clave da relación entre a clientela e as entidades bancarias, proporcionando ferramentas esenciais para unha xestión financeira responsable.
Agradecemos a Raquel Costal pola súa intervención e ao alumnado pola súa participación activa!
