Charla sobre o Alzheimer e os beneficios do Xadrez para o cerebro e a saúde

O alumnado de ESO asistirá o luns a unha charla organizada pola Biblioteca, coa colaboración indispensable do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, sobre a importancia do xadrez, o noso eixe de traballo neste curso, para manter o cerebro en condicións óptimas.

Agradecemos á Afapo, Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Pontevedra, a súa xenerosidade ó aceptar a nosa invitación e transmitímoslles a nosa admiración polo encomiable traballo que levan a cabo.

Rosa María Villar Villamil

Coordinadora do Equipo de Dinamización da Biblioteca