César Loureiro, constructor de zanfonas

César Loureiro, marinense luthier de zanfonas, foi invitado a nosa biblioteca como artesán, emprendedor e magnífico exemplo para o alumnado de Actividades Comerciais de 1º Curso de cómo, dende unha pequena localidade como Santomé de Piñeiro e primando a calidade, podese alcanzar un mercado internacional. Ademáis da beleza propia do instrumento, consigue César acadar novos sons con certas innovacións, que xustifican que o consideremos un investigador.

Ilustrou perfectamente na súa charla o proceso creativo: deseño, materiais, tempos, organización e xestión, contestando a múltiples preguntas do alumnado, moi interesado, pero, principalmente, transmitiunos a pasión polo seu traballo, motor esencial para unha vida plena. Unha carta de amor á tradición e o seu futuro.

Grazas, César. Sempre benvido.

Rosa María Villar Villamil

Coordinadora do Equipo de Biblioteca