Certame: Crea a figura-mascota da nosa Biblioteca
- 22
- Abr
- 21
Estamos a buscar a figura-mascota da Biblioteca do IES Chan do Monte. Axúdasnos?
Dende a Biblioteca do Instituto, atendendo a suxestión dun alumno de Bacharelato, convocamos un certame para elexir a mascota que a vai representar. Deberá estar por tanto relacioada coa lectura, os libros e as bibliotecas, poñéndolle ademáis un nome orixinal. Está dirixido a todo o alumnado do centro.
Valoraranse aspectos como a facilidade para identificar a figura-mascota, a relación coa biblioteca, así como a orixinalidade, a innovación e a adaptabilidade a diferentes soportes.
Deíxovos as bases para que as teñades ben a mano. O prazo remata o 25 de Maio. Animádevos!
Rosa María Villar Villamil
Coordinadora do Equipo de Biblioteca