Imago. Memoria. Actio. O deseño e a memoria, alicerces da sociedade democrática
O deseño dá forma ao imaxinario compartido e colectivo. A memoria preserva as experiencias que nos definen. Da súa unión xorde a acción cidadá, capaz de transformar o presente e proxectar o futuro. Porque sen deseño no hai visión, sen memoria non hai raíces, e sen ambos os dous non pode sosterse unha sociedade verdadeiramente democrática.
Recóllense, deseguido, algunhas das actividades que evidencian o proxecto anual de biblioteca que foi pensado para o curso académico 2025-2026:



- Ilustrísimas – Coñecermos as mulleres ilustradoras galegas en activo: Aurora Cascudo, Eva Fandiño, Sarai Lorenzo…


- Patrulla lectora – Presentación do proxecto sobre As tolas que non o eran. Mulleres no manicomio de Conxo do alumnado de 4º da ESO ao alumnado de 1º ESO:


- Aproximación ao deseño e á imaxe corporativa das editoras na BE Os labirintos de Mogor – Alumnado do módulo Deseño e elaboración de material de comunicación do 2º curso do Ciclo Superior de Márketing e Publicidade:
- Herbarios creativos na BE Os labirintos de Mogor