Axudas FCT setembro-decembro 2022

ABERTO SEGUNDO PRAZO DE AXUDAS DE FCT SETEMBRO A DECEMBRO 2022

Orde do 07 de xuño de 2022, pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual (DOG do 17 de xuño). O segundo prazo das axudas será o comprendido entre o 15 de octubro ao 15 de novembro de 2022, para o alumnado de ciclos formativos que lle corresponda realizar a FCTno período de setembro a decembro de 2022. O alumnado de FP dual non está incluído neste prazo. Teñen que rematar a FCT obrigatoriamente antes do 31 de decembro de 2022.

Non terá dereito á axuda:

O alumnado que realice a FCT fóra do territorio español e teña concedida unha axuda Erasmus + KA102 ( ciclos medios de Erasmus); Fundación Paidea, ou calquera outra que financie totalmente o período de FCT, polas xornadas realizadas fóra do Estado español.

Os que realicen a FCT ou a FP dual no concello do centro educativo ou no concello de residencia durante a realización da FCT ou da FP dual.

O alumnado de FP dual en cuxos proxectos se inclúan axudas por desprazamento e aloxamento.

Documentación das axudas para firmar:

Solicitudes orixinais (anexo I). se o alumnado non señala a casilla da autorización da consulta telemática do dni, copia do DNI da persoa solicitante.

Declaración do domicilio de residencia durante o período de realización da FCT (anexo II).

Declaración responsable complementaria do conxunto das axudas solicitadas para a mesma finalidade (Anexo IV).

Importante:

O alumnado de FCT con dereito a axuda e que vai solicitala debe proporcionar ao seu titor ou titora o IBAN da conta bancaria onde se lle vai a facer o ingreso. Debe aparecer como titular na cta bancaria Unha vez impreso os documentos da axuda, o titor ou titora convocará aos alumnos para que veñan asinalos.