IES Chan do Monte

Axudas FCT segundo prazo set-dec 24

O segundo prazo de axudas FCT será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2024, para o alumnado a que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2024.

Este alumnado deberá rematar obrigatoriamenteo período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2024.

O alumnado que teña horario flexible con autorización da Dirección Xeral de Formación Profesional e remate despois do 31 de decembro de 2024 acollerase á seguinte convocatoria de axudas.

 IMPORTANTE:

  • Os titores deben facer chegar ( cando antes) á Coordinación,  os números de  contas bancarias IBAN dos alumnos de FCT que teñan dereito á axuda para poder imprimir as solicitudes. 
  •  Unha vez impresas as solicitudes, deixarémolas no casillero de cada titor para que as devolvan asinadas polo alumnado da súa titoría.

Resumo da convocatoria:  máis información nos seguintes enlaces.

ORDE do 8 de xullo de 2024 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual (DOG do 10 de xullo)

Axudas segundo prazo setembro a decembro 24

REQUISITOS:

1. Estar matriculado nun centro público desta comunidade autónoma ou, no caso dos centros privados, nunha ensinanza concertada coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

2. Estar cursando o derradeiro curso dun ciclo formativo de grao básico, grao medio ou grao superior de formación profesional, cursos de especialización de formación profesional, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas de réxime especial e programas formativos ou algún ciclo formativo de FP dual.

3. Rematar o período de formación práctica en centros de traballo ou FP dual antes do 31 de decembro de 2024.

4. Realizar como mínimo o 80 % das xornadas en empresa correspondentes a cada ensinanza segundo o establecido no currículo ou no proxecto de FP dual.

5. No caso do alumnado de FP dual, que o proxecto de FP dual non inclúa axudas para desprazamento ou aloxamento.

6. No caso da modalidade A (cando o alumnado realice a FCT ou a FP dual dentro do territorio español ), que o concello do centro de traballo sexa distinto do concello do centro educativo e distinto do concello de residencia do/da alumno/a durante o período de realización da FCT ou da FP dual.

7. No caso da modalidade B (cando o alumnado realice a FCT ou a FP dual fóra do territorio español ), que o/a alumno/a non desfrutase dunha axuda Erasmus+ KA102, KA116, KA121, KA122ou calquera outra axuda que financie totalmente o período de realización da FCT ou da FP dual.