Axudas económicas para alumnado que realizou FCT
- 15
- Xul
- 24
Publicada a Orde de 08 de xullo de 2024 (DOG 10 xullo) pola que se convocan axudas ao alumnado que realizou a FCT e rematou esta formación práctica entre xaneiro e xuñode 2024.
A DATA LÍMITE PARA SOLICITAR AS AXUDAS REMATA O 09 DE SETEMBRO DE 2024.
CÓMO SOLICITAR A AXUDA:
A xestión documental das axudas realizarase en contacto cos titores/as do grupo. Estes xa están informados/as para solicitar o IBAN ao alumnado e preparar a documentación.
O alumnado debe acudir obrigatoriamente ao centro a firmar a documentación requerida pola Xunta de Galicia.
PRAZOS DA CONVOCATORIA:
Para o alumnado que realizou a FCT nos períodos: outubro 23 – marzo 24; xaneiro 24 – xuño 24; xaneiro 24- marzo 24; abril 24 – xuño 24.
- Publicación da convocatoria no DOG: 10 de xullo de 2024
- Prazo de solicitudes:11 de xullo ao 9 de setembro
- Publicación no centro da listaxe provisional: 10 de setembro
- Prazo de reclamacións: 11 ao 20 de setembro
- Publicación no centro da listaxe definitiva: 21 de setembro
ALUMNADO EXCLUÍDO:
Non terán dereito á axuda convocada nesta orde:
- O alumnado que realizara a FCT ou FP Dual no mesmo concello do centro educativo ou concello de residencia durante a realización da FCT ou da FP Dual
- O alumnado de FP Dual en cuxos proxectos se inclúan axudas por desprazamento e aloxamento
- No caso da modalidade B, qeu o alumno/a non desfrutaxe dunha axuda Erasmus+ KA102, KA 116, KA121 ou KA122, ou calquera outra axuda que financie totalmente o período de realización da FCT ou da FP Dual.