Axudas económicas FCT
- 11
- Set
- 24
Orde do 8 de xullo de 2024, pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza a formación práctica en centros de traballo ou FP dual (DOG do 10/07/2024). Informamos tamén de que o prazo de solicitudes de axuda FCT para os alumnos que realizaron prácticas entre xaneiro e xuño de 2024 rematou o pasado 9 de setembro de 2024. Xa está publicado no taboleiro do centro o listado provisional de solicitantes. Ábrese un prazo de reclamacións do 11 ao 20 de setembro. Unha vez finalizado este período, o 21 de setembro exporase o listado definitivo.