Axudas económicas FCT

Orde do 19 de xullo de 2023, pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual (DOG do 28 de agosto) Alumnado excluído: Non terá dereito á axuda convocada nesta orde: • O alumnado de FP dual en cuxos proxectos se inclúan axudas por desprazamento e aloxamento. • O alumnado que realice a FCT fóra do territorio español e teña concedida unha axuda Erasmus+ KA102, KA116 ou KA121, Fundación Paideia ou calquera outra axuda que financie totalmente o período de FCT, polas xornadas realizadas fóra do Estado español. • Os que realicen a FCT ou a FP dual no concello do centro educativo ou no concello de residencia durante a realización da FCT ou da FP dual. Prazos da convocatoria: O alumnado que realiza a FCT nos períodos outubro 2022-marzo 2023, e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2023. Prazo de solicitudes : 29 de agosto ao 28 de setembro Publicación no centro da listaxe provisional: 29 de setembro Prazo de reclamacións : 29 de setembro ao 9 de outubro Publicación no centro da listaxe definitiva: 10 de outubro O alumnado con dereito a axuda ten que vir obrigatoriamente ao centro a firmar a documentación requerida pola Xunta de Galicia. Esta documentación estará dispoñible na secretaría do centro. De non vir a firmar a documentación antes do 28 de setembro entenderase que renuncia a axuda.