Axenda 2030

A Axenda 2030 é un proxecto da ONU que expón 17 obxectivos con 169 metas de carácter integrado e indivisible que abarcan as esferas económica, social e ambiental.

Ademais de pór fin á pobreza no mundo, os ODS inclúen, entre outros puntos, erradicar a fame e lograr a seguridade alimentaria; garantir unha vida sa e unha educación de calidade; lograr a igualdade de xénero; asegurar o acceso á auga e a enerxía; promover o crecemento económico sostido; adoptar medidas urxentes contra o cambio climático; promover a paz e facilitar o acceso á xustiza.

No noso centro, con motivo do Día da Non Violencia e a Paz, e encadrado dentro do proxecto de SOStibilidad traballouse un obxectivo en cada agrupo. Aquí están as súas propostas.  

Post Tagged with