Author Archives: orientacion

Probas de acceso a grao medio. Listaxe provisoria de cualificacións e período de reclamación

Publicada a listaxe provisoria de cualificacións nas probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Listaxe provisoria Poderanse presentar reclamacións contra a cualificación provisoria desde o día 8 ao 10 de xuño, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición. Modelo de reclamación

Continuar lendo

PERÍODO DE ADMISIÓN PARA CURSAR ENSINANZAS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA DE ADULTOS NO CURSO 2016/2017

O prazo de admisión para cursar ensinanzas de adultos para a obtención do título de Graduado en educación secundaria (ESO) no IES Chan do Monte é do 1 ao 15 de xuño. O alumnado que curse actualmente ditas ensinanzas debe volver a realizar a admisión para o curso 2016/2017 coa finalidade de completar os seus […]

Continuar lendo

VISITA DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA DOS CEIPS DE ARDÁN E SEIXO

Post Image

O martes 7 de xuño, visítanos o alumnado de 6º de Educación Primaria dos centros adscritos de Ardán e Seixo. Esta actividade está incluída no Programa para facilitar o tránsito da Educación Primaria á Secundaria. O alumnado será recepcionado por Carlota e Fran, alumnos de 1º ESO A  que colaborarán nunha presentación sobre 1º ESO […]

Continuar lendo

ACTO DE GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE 2º BACH

Post Image

 O Acto de Graduación de Bacharelato 2016 deste centro  se desenvolverá o vindeiro venres, día 20 de maio, ás 19.00 horas, no Salón de Actos da Escuela Naval de Marín .  

Continuar lendo

RECLAMACIÓNS DAS CUALIFICACIÓNS FINAIS

Segundo de Bacahrelato: No suposto de que exista desacordo coa cualificación final obtida nunha materia, o alumno/a ou seus representantes legais poderán solicitar por escrito no Centro, a revisión de dita cualificación no prazo de dous días. Para a convocatoria ordinaria, serán os días 24 e 25 de maio de 2016 (ata as 14:00 horas). […]

Continuar lendo

Probas de acceso de grao medio. Sedes e instrucións para a súa realización. Convocatoria 2016

Publicadas as instrucións e a asignación das  sedes para a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao medio na convocatoria ordinaria 2016. Os solicitantes que deixaron a súa solicitude no IES Chan do Monte teñen como sede de realización o IES Luís Seoane (Monteporreiro). Documentación que se precisa : As persoas inscritas […]

Continuar lendo

Instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Deseño

Resolución do 26 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2016/17. Inscrición para realizar as probas:  A inscrición farase na Secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño […]

Continuar lendo

Instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2016/2017

 Resolución do 26 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2016/17. Inscrición para realizar as probas: A inscrición farase na Secretaría da ECRBBCCG, no […]

Continuar lendo

Cualificacións provisionais: Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.

Publicada a listaxe provisional das cualificacións das probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior. Período de reclamación: do día 10 ao 12 de maio, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición. http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-superior-convocatoria-actual

Continuar lendo

Día Internacional contra o Acoso Escolar

O Día Internacional contra o acoso escolar coñecido tamén coma o Día contra o Bullying  conmemorase o 2 de maio. O acoso escolar é calquera forma de maltrato psicolóxico, verbal ou físico producido entre escolares de forma reiterada ao largo dun tempo determinado na aula ou a través das redes sociais, co nome específico de ciberacoso.

Continuar lendo