Admisión e matrícula Ciclos FP curso 2019-2010 (prazos)

Admisión e matrícula curso 2019-2020 para ciclos de grao medio e de grao superior

O procedemento de admisión e matrícula de alumnado en ciclos formativos de formación profesional de grao medio e de grao superior en réxime ordinario e para as persoas adultas (Orde do 15 de xuño de 2016 (DOG do 27) de Admisión de alumnado), pódese consultar na páxina http://www.edu.xunta.es/fp/informacion-xeral

  • Calendario de admisión e matrícula http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/8193
  • O alumnado que teña que repetir 1º curso de ciclos, aínda que ten permanencia no centro por unha vez, deberá facer a admisión a través da aplicación web e presentala en secretaría no período comprendido entre o 24 de xuño e o 2 de xullo.
  • Con motivo de facilitar unha mellor organización, o centro establece, uns días de matrícula concretos só para os alumnos que se matriculan do 2º do réxime ordinario de ciclos formativos de grao medio ou superior para o curso 2019-2020 (incluídos repetidores de 2º ou os que realicen a FCT nese curso): 3, 4 e 5 de xullo.