Acreditación das Competencias Dixitais – Alumnado FP

A Consellería de Educación está a desenvolver un plan de acreditación das competencias dixitais (ComDix)  do alumnado de FP que esté cursando 2º ano no 23/24 que conducirá ás seguintes acreditacións:

DE OFICIO, ao titular nos ciclos que están a cursar:

  • O alumnado de FPB obterá a acreditación do nivel “ComDix Iniciación”
  • O alumnado dos CS en calquera perfil profesional obterá o nivel “ComDix Intermedio”
  • O alumnado do CM en SMR obterá a acreditación do nivel “ComDix Intermedio”
  • O alumnado dos CM de perfil profesional distinto SMR oterá unha acreditación parcial do nivel intermedio (todas as áreas menos a 4)

MEDIANTE PROBA DE ACREDITACIÓN ESPECÍFICA:

>> Acreditación do módulo Intermedio completo mediante proba: Para o alumnado de 2º curso dos ciclos formativos de grao básico (FPB)

>> Acreditación do módulo Intermedio completo por titular en CM e realizar unha proba da área 4: Para o alumnado que esté cursando o segundo curso dun ciclo formativo de grao medio (CM) que titule e ademáis  realice  a proba específica da área de dominio 4: Seguridade e Privacidade

Os interesados na realización das probas deberán entregar aos titores o Anexo I ata o 22 de maio ás 14:00.

3. As probas específicas realizaranse no mes de xuño, informaráse a data e hora asignado.

4. A validez das certificacións é de 5 anos. 

Máis información:

  • Preguntas frecuentes: https://competenciasdixitais.xunta.gal/faqs.html
  • Resolución: https://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/10657
  • Proba de exemplo do nivel intermedio: https://certificacion-competenciasdixitais.xunta.gal/gl