A Biblioteca como referenza no uso de recursos dixitais. Formación en Polos Creativos: Impresora 3D
- 05
- Xuñ
- 24
O alumnado de FP Básica de Informática de Oficina 2, na materia de Ciencias aplicadas II, deseñou un xadrez con formas xeométricas para colocar na biblioteca coa súa profesora de matemáticas, Rocío García Casalderrey, fomentando a presenza da Biblioteca como referenza no uso de recursos dixitais, xa que, despois do deseño manual, fixeron uso de Tinkercad e prepararon arquivos .stl para a súa impresión, coa inestimable axuda técnica de J.D. Ventín.
Con este xadrez deuse continuidade ao proxecto de biblioteca do curso pasado no que o alumnado de 4ºESO construíra, na materia de Tecnoloxía, un taboleiro de xadrez vertical que no momento de realizar a actividade estaba sen pezas. A impresión 3D de cada peza tardou 45min, 6 pezas xuntas 1hora e media. As 32 pezas foi un total de 8 horas.
O traballo por proxectos permite manexar contidos de xeometría relacionados co cálculo de áreas e volumes como parte da ciencia para a vida. Son éstes proxectos científicos colaborativos orientados á mellora e á creación de valor na sociedade, fomentando técnicas cooperativas que optimicen o traballo en equipo, o despregamento de condutas empáticas e estratexias para a xestión de conflitos.
Noraboa!
Rosa María Villar Villamil

