O noso alumnado toma o pulso ao mundo empresarial en Pontevedra! O alumnado dos ciclos medios de Xestión Administrativa e Actividades Comerciais asistiu o pasado 10 de novembro a Etiqueta Negra, a feira de referencia do gourmet galego en Pontevedra. Esta visita forma parte da nosa aposta pola aprendizaxe práctica fóra da aula. Durante a […]
Continuar lendoMonthly Archives: Abril 2022
Formación sobre benestar emocional (2026)
Hoxe, a orientadora e a xefa de estudos do IES Chan do Monte asistiron á III Xornada Conta con nós, sobre o benestar emocional na infancia e a adolescencia, organizada pola Cruz Vermella en colaboración coa Deputación de Pontevedra. A xornada reuniu a expertos en psicoloxía que abordaron as emocións, o acompañamento socioemocional e o […]
Continuar lendoSemana Mundial da Alfabetización Mediática e Informacional – AMI (2026)
Esta semana festexamos, como xa é habitual desde hai dous anos, a Semana da Alfabetización Mediática e Informacional. Nesta ocasión a UNESCO propuxo como lema “Todas e todos desempeñamos un papel: alfabetización mediática e informacional para a cidadanía”, para celebrar os avances logrados en materia de ALFIN e AMI. Aproveitando o Día das Bibliotecas e […]
Continuar lendoFormación sobre álbum ilustrado (2026)
No pasado sábado, 24 de outubro de 2026, durante o Día das Bibliotecas, parte do EABE Os labirintos de Mogor, desprazouse á cidade da Coruña para participar na formación presencial Imaxinar coa arte a través do álbum ilustrado, organizada polo CFR de A Coruña e a GÁLIX. Durante as 8 horas de formación, achegámonos ao […]
Continuar lendoXI Día das Escritoras (2026)
Hoxe a BE Os labirintos de Mogor do IES Chan do Monte festexou a décimo primeira edición do Día das Escritoras, unha iniciativa nada en 2016 da man da BNE, a FEDEPE e a Asociación Clásicas e Modernas, para reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia. Este ano, baixo o lema As amigas como forma […]
Continuar lendoVisita a Conxemar (2026)
O alumnado de 2º curso de Comercio e márketing e Administración e xestión (CS Márketing e publicidade, CM Actividades comerciais e CM Xestión administrativa) do IES Chan do Monte asistiu á 27ª edición de Conxemar, a Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados. A feira celebrouse do 6 ao 8 de outubro de 2026 no […]
Continuar lendoVisita a Ecommerce Days (2026)
Aprender facendo. Mirar ao futuro. Crear oportunidades. O alumnado de 1º CS de Márketing e Publicidade está a vivir en primeira persoa os Ecommerce Days en Pontevedra, unha experiencia para conectar o aprendido na aula coa realidade do mundo dixital e empresarial: E, sobre todo, están a aprender da experiencia de empresas e profesionais que […]
Continuar lendoREUNIÓNS DE PRESENTACIÓN FAMILIAS
Na xornada do mércores, 23 de setembro de 2026 realizaremos as reunións de presentación para familias nos seguintes horarios: 23/09/2026 – 18:00 horas – Salón de Actos Tras unha reunión inicial conxunta no salón de actos cada grupo quedará reunido co titor/a do grupo correspondente. 23/09/2026 – 18:30 horas – Salón de Actos Tras unha […]
Continuar lendoInicio das clases do CE CIBERSEGURIDADE
CECS: INICIO DAS ACTIVIDADES LECTIVASCURSO DE ESPECIALIZACIÓN CIBERSEGURIDADE EN CONTORNOS DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN Inicio das actividades lectivas do Curso de Especialización no 2026-2027:
Continuar lendoPRESENTACIÓNS DO CURSO 2026-2027
Horario de presentacións do curso para o noso alumnado: mércores 9 de setembro de 2026.
Continuar lendo