Por suposto, sabedes que este ano o Día das Letras Galegas adícase a súa figura e obra. Non parece suficiente, verdade? Dende o equipo de Dinamización da Lingua Galega e o da Biblioteca ímosvos propor algunhas actividades ó longo desta semana para coñecelo mellor. Estade atentos! https://create.kahoot.it/details/ca6b5eb1-69ba-45d6-b87e-0316d2108adf Para os que queirades consultar algo de información antes de participar, a […]
Continuar lendoMonthly Archives: Marzo 2021
Calendario de Pendentes de Ciclos 2026
Curso 2025-2026
Continuar lendoDía da edición en Galicia (2025)
Cada 17 de decembro festexamos o Día da edición en Galicia, para salientar a importancia da cultura escrita e da edición en lingua galega. A data desta efeméride coincide co aniversario do nacemento do egrexio editor e político galego Ánxel Casal, figura clave na modernización do mundo editorial, do ensino e da política galegos. Fundador da Editorial […]
Continuar lendoSesións dos clubs de lectura LM I e LM II (2025)
Nestas últimas semanas previas ao descanso de Nadal, os clubs de lectura Labirinto de Mogor I e Labirinto de Mogor II do IES Chan do Monte realizaron as súas reunións lectoras para falar entre iguais e compartir as nosas inquedanzas e emocións derivadas da lectura das diferentes obras literarias que seleccionamos para esta avaliación e […]
Continuar lendoMes da ciencia en galego na biblioteca (2025)
Pechamos un mes de novembro moi intenso na BE Os labirintos de Mogor, que, un ano máis, achegou as ciencias e o coñecemento científico en lingua galega ao noso alumnado, con diferentes actividades de dinamización. Este ano o EABE continuou a dinamizar fondos específicos vinculados con esta temática e, alén disto, montou un pequeno museo […]
Continuar lendo25N (2025)
Hoxe, 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, decorreron diversas actividades no centro co obxectivo de visibilizar e sensibilizar á comunidade educativa fronte á violencia estrutural que sofren as mulleres. Como xa é habitual o traballo coordinado desde os distintos equipos (EABE e EI) fixo posible levar a cabo os […]
Continuar lendoO noso alumnado de Comercio e Márketing vive a experiencia do Etiqueta Negra
O pasado luns, un total de 78 alumnos e alumnas do IES Chan do Monte de Marín participaron nunha saída didáctica á Feira Etiqueta Negra, celebrada no Recinto Feiral de Pontevedra. O Diario de Marín recolle a noticia: https://diariomarin.com/economia-y-empresas/o-alumnado-do-ies-chan-do-monte-analiza-o-potencial-das-empresas-galegas-na-feira-etiqueta-negra-de-pontevedra/
Continuar lendoSemana do Samaín e Defuntos (2025)
Estes días vivimos na BE Os labirintos de Mogor unhas xornadas inesquecibles, cheas de creatividade, emocións e moita diversión. Así, hoxe festexamos o Samaín e Defuntos cunha chea de actividades que puxeron a imaxinación a voar e fixeron tremer a máis dunha persoa! O alumnado e o profesorado involucráronse para garantir o éxito da III CASTAÑADA TERRORÍFICA do IES […]
Continuar lendoDía das Bibliotecas (2025)
Hoxe a BE Os labirintos de Mogor festexou, como no pasado curso académico, o #DíadasBibliotecas. No ano 2025 o lema elixido polas entidades organizadoras foi Contra la desinformación: BIBLIOTECAS, polo que a efeméride quere destacar o papel fundamental que desempeñan todas as bibliotecas (públicas, escolares, universitarias, especializadas etc.) na loita contra a desorde informativa. Esta temática […]
Continuar lendoSaída cultural ás vilas de Padrón e Compostela (2025)
Durante a xornada de mércores 22 de outubro, o alumnado de 1º BAC e de 4º ESO do IESCDM realizou unha saída cultural ás vilas de Padrón e Compostela, organizada polo EABE, o EDLG e os Departamentos de Lingua Castelá e Literatura, Ciencias Naturais, Lingua e Literatura Galega e Matemáticas. Nesta actividade interdepartamental, o alumnado […]
Continuar lendoDía Mundial da Estatística (2025)
Hoxe na BE Os labirintos de Mogor festexamos o Día Mundial da Estatística. Esta efeméride celébrase cada cinco anos desde o 20 de outubro de 2010, cando foi proclamada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas. O obxectivo da conmemoración é salientar a importancia desta disciplina matemática na formación de políticas públicas e na promoción do desenvolvemento sustentable. […]
Continuar lendo