Miguel Hernández. 100 años.
Exposición Homenaje a Miguel Hernández. 100 años
Recorrido por la vida y obra de Miguel Hernández
O Xoves 13 de Marzo no Salón de Actos
“Recorrido por la vida y obra de Miguel Hernández, con lectura de poemas significativos, acompañada de audición video-musical”
Organizado por el Departamento de Lengua Castellana y Literatura con los alumnos de la ESO y 1º de Bachiller
Alumnos participantes
Lea Melón Cudilleiro (S1B)
Clara Otero Martínez (S1B)
Xeila Juncal Portabales (S3B)
Cintia Pastoriza Leal (S3B)
Clara Silvia do Pazo (S3B)
Lucía Estévez Villanueva (1º Bach)
Daniel Iglesias Gómez (1º Bach)
Encontro co escritor Xabier P. Docampo
Este mércores, cinco de maio, no Salón de Actos do Centro, os rapaces de ESO e Bacharelato tiveron a sorte de disfrutar na compaña do escritor Xabier P. Docampo que acudía ó IES Chan do Monte, invitado pola editorial Xerais-Anaya, en colaboración do Departamento de Lingua galega e a ANPA, que agasalla a tódolos rapaces de ESO e Bacharelato con libros do autor.
Persoa cercana, amable, con moito humor, e nun ambente discendido, foi debullando as grandes verdades da vida pois as persoas necesitamos contar historias. Presentounos a súa obra sendo cómplice cos rapaces pois toda a literatura ten que acabar onde ten que acabar: no lector. O propio autor se confesa un auténtico militante da literatura para xóvenes e éstes sempre serán un tipo de lector sinceiro, sen os perxuizos do adulto.
Finalizado o acto, despois dos aplausos de rigor, o escritor asinou varios libros adicados ós rapaces.
Nacido en Rábade en 1946, mestre do colexio público de Cambre, actor de teatro, autor e director de guións de cine e vídeo. Autor dunha extensa narrativa, con obras dirixidas a un público xuvenil e adolescente, destacamos “Cando petan na porta pola noite”, “O libro das viaxes imaxinarias”, “O Pazo baleiro”, “A casa da luz”,…
Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil, entre outros galardóns.
A súa vocación de mestre, traballo ó que leva consagrado varios anos, levouno a preocuparse de crear textos dirixidos ós seus propios alumnos, ó tempo que a súa afección pola lectura o empuxaba a ler literatura infantil e xuvenil. Deste xeito comenza a publicar as súas propias creacións, tendo preferencia polos temas de misterio, a intriga, o medo inspirándose na tradición oral do ámbito familiar. O misterio ou o medo sempre tén a satisfacción engadida, para o lector que lé por pracer, de vencelo.
Dar a enhoraboa a ANPA do Centro pola súa iniciativa.
Aquí tedes algunha foto
- Xabier P. Docampo
Visita do escritor Xavier P. Docampo
O mércores, 5 de maio, virá ao instituto o escritor Xavier P. Docampo para falar da súa obra cos alumnos da ESO.
A Charla vaise centrar nos libros “O Pazo Baleiro” (Ed. Anaya, Madrid 1997) e “Cando petan na porta pola noite” (Premio Rañolas de Literatura Infantil e Xuvenil 1995 e Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 1995. Eds. Xerais. Col. Merlín. Vigo, 1994).
A Charla durará, aproximadamente, unha hora.
Ao finalizar o acto, o escritor, asinará os libros da aqueles alumnos que o desexen.
A actividade é unha iniciativa da ANPA e está organizada polo departamento de lingua e literatura galega e se organiza en colaboración coa editorial ANAYA-Xerais.
A Wikipedia dí de Xabier P. Docampo que é lugués, mestre, escritor, contacontos, actor, guionista, experto en bibliotecas escolares, animador á lectura e un gran defensor da lingua galega e da nosa cultura. Cando é o propio escritor quen fala del o fai enumerando os seus medos:
Cando petan na porta pola noite.
A estar só cando non quero estar só.
A estar no medio de moita xente
A quedar só no mundo
A non morrer nunca
A morrer pronto
A morrer estupidamente nunha estrada
A quedar inútil
A tolear
A que lles pase algo aos meus
A que os que quero non me queiran
A perder o gusto polas cousas que me gustan
…….
Proxectoterra: visita guiada de arquitectura e cidade.
Saída didáctica.
Proxectoterra: visita guiada de arquitectura e cidade. Santiago de Compostela.
Data: martes 27 de abril de 2010
Grupos: 1ºA, 1º B e 1º de Bacharelato
Organiza: departamento de Historia.
É un proxecto de intervención educativa dirixido ás distintas etapas da Educación Obrigatoria co fin de contribuír a mellorar o coñecemento que os escolares de Galicia deben ter da nosa arquitectura e da nosa identidade territorial.
O Proxectoterra cumpre xa 10 anos. Naceu en xaneiro de 2000, coa idea de contribuír a que os cidadáns perciban a arquitectura e o territorio como piares básicos da nosa cultura. O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (C.O.A.G.) o puso en marcha e, xa dende os principios, fóronse apuntando institucións e organismos colaboradores: Asociación Socio-Pedagóxica Galega, TVE, ONCE, Nova Escola Galega, a Consellería de Educación e Ordenación, etc..
Tedes máis información na web do proxecto (http://www.coag.es/proxectoterra/) que conta con material para os profesores, os alumnos e o público en xeral e ata ten un tebeo (A mansión dos Pampín).
Fotos do entroido 2010
As fotos do día
Góstanche???


























































