Visita do Equipo da Biblioteca do IES Chan do Monte ó Instituto Cervantes de Budapest.

Dentro do programa Erasmus+ as profesoras Pilar Díaz Díaz, coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, e Rosa María Villar Villamil, coordinadora da Biblioteca do IES Chan do Monte, realizaron a visita ó Instituto Cervantes onde tiveron a ocasión de coñecer o funcionamento interno do Departamento de Cultura e da Biblioteca. Asistiron a diversas actividades, tales como a presentación dun libro de poesía, Fairy Tale, escrito por Duvan Reynerio Ocampo, diplomático da Embaixada de Colombia en Budapest; un ciclo de curtametraxe de “Variaciones Ensayísticas” e un obradoiro de creación poética na propia biblioteca.

A acollida por parte das representantes do Instituto Cervantes foi magnífica e tendéronse lazos entre a dita institución e o noso centro que perdurarán ó longo dos vindeiros cursos.