Encontro con Domingo Villar

A semana pasada contamos coa presenza do escritor de novela negra Domingo Villar, quen achegou a súa obra aos alumnos nun encontro enmarcado no programa de Promoción de las letras do Ministerio de Educación. A actividade ía dirixida ao alumnado de 3º e 4º ESO e 1º e 2º de bacharelato. O escritor galego, autor de“Ollos de auga” e “A praia dos afogados” dou unha charla, seguida dun coloquio cos estudantes quen xa coñecían algunha destas obras. Domingo falou sobre o oficio de escritor, o que se dedica de cheo, extendendo a súa produción á outros xéneros como o conto e o teatro. Tamén nos fixo partícipes dalgunha primicia sobre a súa próxima novela: de novo terá como escenario as nosas rías e nela desaparecerá misteriosamente unha muller profesora da Escola de artes e oficios de Vigo e, por suposto, completará a saga de Leo Caldas.