Tecedoras da Memoria

O proxecto “Tecedoras da Memoria” naceu de varias xuntanzas entre as docentes de Galego e de Castelán. A materialización das ideas xestadas neses encontros virtuais foi posible grazas á colaboración do profesorado de Cultura Clásica, Inglés, Tecnoloxía, Relixión e TIC.

                Neste proxecto participaron todos os cursos da ESO e 1º de Bacharelato. Por medio do fío da historia, da memoria e das relacións familiares teceuse un corpus de tarefas que recolleu algúns dos contidos explicados ao longo do curso, e o resultado é este marabilloso mosaico de entrevistas, contos, mitos, poemas, caligramas e vídeos.

As lembranzas que nos unen de xeración en xeración, o pouso da historia, confórmanos como persoas. Nas artesas levédase o pan. No mar agóchanse os tesouros do pasado. Na terra as raíces agroman con forza para que a natureza medre forte, do mesmo xeito que as vivencias se tatúan na pel en forma de sucos. Todas gardadas en pequenos cuartos.

As bocas agochan segredos. Nos petos das avoas e avós atesóusaranse as chaves que abren as cinsas do que somos e do que chegaremos a ser.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *