Teatro

Como xa sabedes, a semana pasada os alumnos de 1º e 2º da ESO asistiron
no noso centro a un obradoiro de teatro impartido pola compañía de teatro
Alentía.
A dita compañía, en colaboración coa Deputación de Ourense, diversos
Concellos e a ONG Meniños, organiza unha función no Teatro Principal de
Ourense o día 19 de Febreiro á que temos sido invitados e a que
asistirán os rapaces, se non tedes inconvinte, unha vez consultado e sido
aprobado polo Consello Escolar do centro. Trátase dunha experiencia
magnífica para os nosos alumnos, que completa a xa ben satisfactoria
actividade no centro, na que traballaron dende a elaboración dó guión
ata a posta en escea da obra, sempre fomentando valores imprescindibles
como a igualdade, a solidariedade ou o respecto polo medioambiente.