Resumo RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2012

ALUMNADO ORDINARIO

Excepcionalmente:
– Según necesidades do centro e a criterio da dirección, alumnado repetidor de ordinario deberá asistir ás
mesmas ensinanzas polo réxime de persoas adultas (agás impedimento ou causa xustificada)
– Cando un/ha alumno/a de ordinario non poda asistir a algún módulo, a Inspección poderá autorizar a súa
asistencia no mesmo centro polo réxime de persoas adultas
* Avaliación: por ordinario de forma que o/a profesor/a do réxime de persoas adultas incorporarase á xunta
de avaliación

ALUMNADO PERSOAS ADULTAS

– Matrícula por módulos pero non poderá superar unha carga lectiva anual de 1000 horas
– Excepcionalmente cando un/ha alumno/a de réxime de persoas adultas non poda asistir a algún módulo, a
Inspección poderá autorizar a súa asistencia no mesmo centro polo réxime de ordinario. A avaliación: por
persoas adultas, de forma que o/a profesor/a do réxime de ordinario incorporarase á xunta de avaliación.

RENUNCIA Á MATRÍCULA

– Con carácter xeral, poderase renunciar á avaliación unha soa vez para non esgotar as 4 convocatorias, na
totalidade dos módulos polo réxime ordinario ou parcialmente polo réxime de persoas adultas. De forma
excepcional, máis dunha vez por doenza prolongada.
– Circunstancias: Doenza prolongada, incorporación a un posto de traballo ou obrigas de tipo familiar ou
persoal.
– Non implica reserva de praza para o seguinte curso académico.

ANULACIÓN DE MATRÍCULA

– Se durante os 5 primeiros días lectivos do curso hai inasistencia de alumnado, requeriráselles por escrito
a súa incorporación inmediata nun prazo máximo de 3 días contados desde a data de recepción da
notificación e comunicaráselles, que en caso de non se producir esta, agás causa xustificada, se procederá á
anulación.
– O alumnado poderá solicitar voluntariamente a anulación de matrícula cunha antelación mínima dunha
semana ao remate do período de matrícula.
– Non computa a efectos de convocatorias consumidas

BAIXA DE MATRÍCULA

– Realizarase a baixa de oficio cando o alumnado non asistan inxustificadamente á clase durante o resto
do curso académico de xeito continuado por un periodo superior a 15 días lectivos ou de xeito
discontinuo por un periodo superior a 25 días lectivos. Deberase deixar constancia na secretaría da
comunicación ao alumnado.

– Enviarase apercebemento con acuse de recibo cando se acumule un número de faltas de asistencia
inxustificada superior a 10 días lectivos. Aos 15 días lectivos consecutivos ou 25 descontinuos, enviarase
comunicación de baixa con acuse de recibo.
– Supón perda de condición de alumno/a, polo que se computa unha convotoria consumida.
– Solicitudes voluntarias de baixa de matrícula con posterioridade á data límite para solicitar a anulación
de matrícula terá os mesmos efectos que as baixas de oficio.

PERDA DE AVALIACIÓN CONTINUA

– O número de faltas que implica a perda do dereito a avaliación continua nun módulo será do 10%
respecto a súa duración total. O profesorado valorará as circunstancias persoais e laborais do alumno/a na
xustificación desas faltas, cuxa aceptación será acorde co establecido no regulamento de réxime interior
do centro. O profesorado poderá non permitir a realización de determinadas actividades.
– Ao 6% enviarase un apercebemento con acuse de recibo e ao 10% farase a comunicación tamén con acuse
de recibo.
– Non se procederá á autorización de traslado de matrícula cando o alumno/a perdesen no centro de orixe
o dereito á avaliación continua; ou no mes derradeiro do curso(so exepcionalmente)
– O alumnado que perdese o dereito á avaliación continua nun determinado módulo terá dereito a unha
proba final extraordinaria previa á avaliación final de módulos correspondente. A cualificación obtida na
devandita proba consignarase na avaliación final de módulos do curso correspondente. O devandito
alumnado non terá dereito a realizar para eses módulos as correspondentes actividades de recuperación,
e no caso do segundo curso do réxime ordinario non terá acceso ao módulo de formación en centros de
traballo no período ordinario.

NOTA: Tanto para a baixa de oficio e perda de avaliación continua, para o alumnado matriculado logo de
iniciadas as actividades lectivas, non se terán en consideración os días previos á formalización da
matrícula

VALIDACIÓNS

– O alumnado para solicitar validacións deberá estar matriculado nun centro docente autorizado e presentar
a solicitude de validación perante a dirección do centro educativo dentro dos primeiros 20 días de inicio
das clases.
– Para máis información o alumnado deberá dirixirse ou a secretaría para falar coa secretaria, ou a
orientación para falar coa orientadora.