RELATOS DE DEFUNTOS

BASES CONCURSO “RELATOS DE DEFUNTOS”

  1. O EDLG do IES Chan do Monte quere contribuír á promoción da cultura tradicional e convoca o III CONCURSO “RELATOS DE DEFUNTOS”.

  1. Poderán participar todos/as alumnos/as do centro nas seguintes categorías:

          1º ciclo de ESO e PCPI

          2º ciclo de ESO

          Bacharelatos e Ciclos Formativos.

  1. Os relatos presentados deberán:

    • Desenvolver unha historia en prosa, orixinal e inédita sobre o tema proposto.

    • Ter unha extensión mínima dun folio e máxima de dous.

    • Estar escritos en galego.

    • Ser entregados mecanografados a dobre espazo con tipo de letra “Arial”, tamaño 12.

    • Ser entregados sen remite, acompañados dun sobre pechado que conteña os datos identificativos do autor/a (nome, apelido e curso)

  1. O prazo de presentación das obras remata o 7 do 11 do 14.

  1. Os traballos serán recollidos en conserxería.

  1. Haberá un premio valorado en 25 € para cada unha das categorías.

  1. As obras premiadas serán publicadas na revista do centro e poderán ser publicitadas noutros medios.

  1. A participación nesta convocatoria implica a aceptación das bases.